A COMUÑÓN DA MIÑA PRIMA ANDREA
Produción: Sabrina Zimmermann, Brandán Cerviño
Guión: Brandán Cerviño
Montaxe: Brandán Cerviño
Fotografía: Brandán Cerviño
Son: Daniela Fung Macchi
FX: Pablo Lamosa
Andrea fixo a súa primeira comuñón. Mais á ceremonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli-brilli non son cousas. O único problema é: ¿Será que o Deus este existe?
A VIAXE, 1988
Produción: Claudia Pineda
Montaxe: Claudia Pineda
Son: Claudia Pineda
Reflexión sobre o sentido da viaxe a través de imaxes atopadas pola autora nun vello baúl, gravadas pola súa avoa en China un ano antes do masacre na Praza de Tiananmen. Un diálogo interxeracional que reconstrúe e reinterpreta esas imaxes de metraxe atopada a través da mirada dunha nova cineasta.
AUGAS ABISAIS
Produción: Xacio Baño, Tamara Canosa
Guión: Xacio Baño
Fotografía: Lucía C. Pan
Montaxe: Xacio Baño
Son: David Machado
Unha luz acéndese. Son escorregadizos e difíciles de ver.
Habitan onde nada é. Alá. No fondo.
CAMILLE & ULYSSE
Produción: Jean-Max Colard, Nicolas Gendrault, Joséphine Huppert, Angela Martínez, Neus Moyano
Textos e lecturas: Donna J. Haraway, Vinciane Despret
Fotografía: Nico Pereda, Claudio Napoli
Montaxe: Diana Toucedo
Son: Andrea Bussmann, Leo Dolgan
As filósofas Vinciane Despret e Donna Haraway unen as súas voces nesta peza audiovisual da cineasta Diana Toucedo, baseada en dúas das súas fábulas, As historias de Camille, de Haraway e Autobiographie d’un poulpe, de Despret. Filmada como un conto oral e unha correspondencia entre as dúas narradoras e as súas fábulas, a película segue as formas de vivir e de morrer das comunidades nun planeta malogrado, así como o dominio cada vez maior destas comunidades nun nuevo campo científico, a “terolingüística”, ou o estudo das linguaxes animais.
PAROLAR CUN EU
Produción: Xisela Franco
Fotografía: Diego Romero
Montaxe: Xisela Franco
Son: Marco Maril
Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, a súa vez, unha experiencia plagada de interrogantes, do paso do tiempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxicamente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática. O cartel como acto de invocación dunha cidade fabril que liscou, patrimonio industrial ensombrecido pola crise e a especulación. E o corpo en movemento e a solidariedade, como actos de esperanza. Ou o cinema, resina e ouro que reconstrúe sobre as fracturas do pasado.
MEMORIAS DE ULTRAMAR
Produción: Filmoteca Española
Montaxe: Carmen Bellas, Eduardo Palenque
Son: Juan Carlos Blancas
Memorias de ultramar é un documental realizado con imaxes rodadas por familias que viviron nas colonias, provincias e territorios baixo dominio español entre 1940 e 1975. Unha sucesión de instantáneas propias de quen se traslada a outro país e configura o seu novo fogar. O álbum pasa as súas páxinas e en determinados momentos a proxección detense, o editor rebobina, amplía, analiza e busca ecos dentro do material familiar. ¿Que temas se repiten? ¿Como se filma a natureza, o traballo, a muller, as materias primas? ¿Cal é a posición do outro no encadre? ¿Existe algunha pegada do colonial nas imaxes domésticas?
NEGRO PÚRPURA
Produción: Illa Bufarda
Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
Fotografía: Pilar Abades, Sabela Iglesias
Montaxe: Sabela Iglesias
Son: Marco Maril
Banda Sonora Orixinal:Paulo Pascual
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.
OS CORPOS
Produción: Beli Martínez, Eloy Domínguez Serén
Guión: Eloy Domínguez Serén
Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Montaxe: Eloy Domínguez Serén
Son: Juan Carlos Blancas
Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, figuras que visten espectaculares traxes, que inclúen grotescas máscaras e cintos dos que colgan grandes e sonoroa chocas, e que corren polas aldeas batendo nos visitantes coa súas fustas. Outra tradición é a farrapada, unha batalla na que os participantes se lanzan os uns aos outros bandallos enchoupados en lama. Tamén se combate unha guerra anárquica na que se arroxa fariña, formigas, cinsas e toxos sobre os participantes, mentres un enorme himenóptero se eleva desafiante sobre a multitude. Os singulares festexos, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores, fílmanse de modo envolvente neste documental: é coma se o propio espectador estivese cercado polos esmorguistas, inmerso nun antigo ritual pagán. As multitudinarias escenas nocturnas, con aglomeracións de xente a miúdo apiñadas, adquiren un significado adicional ao saber que esta celebración tivo lugar a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso confirmado de Covid-19 en Galicia.
PERSOA, POBO, PAISAXE
Produción: Daniel Pérez Silva, Pedro Galbán
Guión: Daniel Pérez Silva
Fotografía: Daniel Pérez Silva, Pedro Galbán
Montaxe: Daniel Pérez Silva
Son: Pedro Iglesias
Un pobo do rural galego. Algunhas das persoas que quedan nel. A incesante busca da beleza no cotián, onde nunca ocorre nada. Ou si?
TENGAN CUIDADO AHÍ FUERA
Produción: Alberto Gracia, Teresa Morales, Tasio, Leire Apellániz, Ion de Sosa, Ione Ituarte, Carmen Hernando
Guión: Alberto Gracia
Fotografía: ion de Sosa
Montaxe: Velasco Broca
Son: Tasio
Un coche de gran cilindrada adéntrase por unha autoestrada e un búnker négase a desaparecer no olvido. Os ecos do pasado chegan dende o futuro ao mundo residual de Cosme.
TERRA DE LEITE E MEL
Produción: Andrés Díaz
Guión: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio
Fotografía: Gonzalo Recio
Montaxe: Gonzalo Recio
Son: Sergio López-Eraña
En Saraxevo, Mirsada e a súa filla Vanesa sobreviven, despois de 25 anos, no centro colectivo de Hrasnica, agardando unha solución habitacional definitiva que non chega nunca. En Georgia, Bela, aos seus 78 anos, loita cada día por recuperar os corpos dos desaparecidos nas guerras de Abkhazia. Ao mesmo tempo, centos de desprazados provocados polo conflito comenzan a adquirir en Tblisi as prometidas vivendas gubernamentais. Non obstante, a Dani, Gio e Vika, de 11 anos, cústalles asumir que terán que separarse e abandoar o barrio no que medraron. E, en Grecia, Alia e Hussein, que fuxiron da guerra en Siria, agardan con arela a reunificación familiar e o reencontro coa súa filla Zozan desde Polykastro, un limbo do que non é sinxelo saír.