OS CORPOS

Atrás
Eloy Domínguez Serén , 11', 2020, Spain
Dirección: Eloy Domínguez Serén
Produción: Beli Martínez, Eloy Domínguez Serén
Guión: Eloy Domínguez Serén
Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Montaxe: Eloy Domínguez Serén
Son: Juan Carlos Blancas

Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse  folións,  corredoiros e  baixadas con  felos,  cigarróns, pantallas e  peliqueiros, figuras que visten espectaculares traxes, que inclúen grotescas máscaras e cintos dos que colgan grandes e sonoroa chocas, e que corren polas aldeas batendo nos visitantes coa súas fustas. Outra tradición é a  farrapada, unha batalla na que os participantes se lanzan os uns aos outros bandallos enchoupados en lama. Tamén se combate unha guerra anárquica na que se arroxa fariña, formigas, cinsas e toxos sobre os participantes, mentres un enorme  himenóptero se eleva desafiante sobre a multitude. Os singulares festexos, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores, fílmanse de modo  envolvente neste documental: é coma se o propio espectador estivese cercado polos  esmorguistas, inmerso nun antigo ritual pagán. As multitudinarias escenas nocturnas, con aglomeracións de xente a miúdo apiñadas, adquiren un significado adicional ao saber que esta celebración tivo lugar a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso confirmado de Covid-19 en Galicia.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest