MASTERCLASS CON JOSÉPHINE DEROBE

NARRATIVAS INMERSIVAS

Joséphine Derobe é unha artista e cineasta francesa que traballaba con narrativas e formas inmersivas en diversos campos como as artes dixitais e o teatro. Desenvolveu os seus proxectos en paralelo á súa actividade como estereógrafa no cinema, onde traballou para Wim Wenders (Everything will be fine, Cathedrals of Culture, Pina), entre moitos outros. Escribiu e dirixiu curtametraxes en 3D, documentais e películas de Realidade Virtual inmersivas. Na actualidade traballa no seu último proxecto de Realidade Virtual interactiva Moi Fauve que estreará en “Nemo” biennale of dixital arts en Paris. Derobe é así mesmo investigadora e imparte seminarios e talleres nos que explora os novos territorios das tecnoloxías 3D.

– Venres 28 de abril – 19:30h / Seminario Menor de Tui – Sala 2.

– Entrada de balde.

Reserva a túa praza en:

ENTRADAS