Lembro unha longa mesa cuberta de branco ao aire libre nun mesón, no Parque Natural do Monte Aloia.
Sentada baixo cipreses, abetos e cedros (que fragrancia, aquela) con cineastas, críticos de cinema e o equipo do festival. Gozando do viño e da comida tradicional. Charlamos animadamente sobre o cinema e a vida. Logo camiñamos en grupos polo parque entre roca de granito e pegadas de cabalos salvaxes, coa esperanza de chegar a contemplar un deses raros e tímidos animais. Cabalos non cheguei a ver. Pero burricáns si, máis tarde na gran pantalla, no concerto daquela noite. Unha proposta marabillosa chea de sons e imaxes sorprendentes.
Nunca oíra falar do festival Play-doc ata entón, cando Sara García Villanueva e Ángel Sánchez convidáronme a acompañar unha retrospectiva das miñas primeiras películas realizadas na década de 1980 a 1990 no DEFA Studio for Documentary Films.
Durante aqueles días en Tui cheguei a entender por que alí, en Galicia, hai un festival internacional de cinema documental.
En primeiro lugar, é unha cidade historicamente significativa, cuxo testemuño do paso do tempo labrado en pedra, acompaña ás películas como testemuños do seu tempo. Desde a miña habitación de hotel podía ver o Río Miño, que leva a auga das montañas ao mar e forma a fronteira entre os dous países, España e Portugal.
Como tamén demostra o bo cinema, os límites pódense transcender enriquecéndonos, iluminándonos, estimulando a nosa imaxinación, dándonos a esperanza de que a vida non só é cruel senón tamén fermosa e que de nós depende cambiala.
E logo está a xente de Tui. Para min, como directora, encantábame ser abordada na rúa por mulleres do pobo nos días seguintes. Mujeres que viran as miñas películas e dicían que lles daban coraxe e ganas de vivir.
Grazas Sara, Angel, Jorge e todo o equipo de play-doc, que fixeron posible para min esta experiencia inesquecible.
Helke Misselwitz