Competición Galicia

30’ 70 60’ 120

Marta Valverde, 10', 2022, Spain
Dirección: Marta Valverde
Produción: Hella Spinelli
Fotografía: Arancha Brandón
Son: Marta Pavía

Unha casa aparentemente normal. As paredes están pintadas de rosa e a súa colocación fai pensar nunha especie de decorado. Diversos obxectos enchen as estancias: xeles de baño, champús, suavizantes de cabelo, lubricante, toalliñas.

Marina é unha moza de 26 anos que habita este espazo no que parece que non está acontecendo nada. Traballa como prostituta: a maior parte do tempo adícao á espera e a contestar as dúbidas de todos os interesados en ter un encontro con ela.

De fondo, unha irmandade doutras putas que se acompañan nunha profesión na que o  estigma asoma por todas partes.

ENTRADAS

A FOREIGN SONG

César Souto, 82', 2022, Spain
Director: César Soutor
Produtor: Daniel Froiz
Fotografía: Alberte Branco
Montaxe: Marcos Flórez, Cristina Liz
Son: Emilio García

Traballou nunha compañía de seguros durante 40 años. Tódolos días erguíase ás seis e deitábase ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX.

Cando lle pediron unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens rexeitou escribila.

Cría profundamente que a poesía non é algo persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz doutra persoa.

Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios dos Estados Unidos. Na cidade do diñeiro, onte coma hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. El mesmo recita os seus poemas. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.

ENTRADAS

AL OTRO LADO DEL MAR

Eloy Domínguez Serén, Samuel Moreno Álvarez, 93', 2022, Colombia-Spain
Dirección: Eloy Domínguez Serén, Samuel Moreno Álvarez
Produción: Eloy Domínguez Serén, Samuel Moreno Álvarez
Fotografía: Eloy Domínguez Serén, Samuel Moreno Álvarez

Dous amigos e camaradas cineastas manteñen ao longo de tres anos unha íntima, transoceánica correspondencia entre Galicia e Colombia. Nestas cartas filmadas ambos autores amósanse cercanos e familiares, reflexivos e confesionais, facéndonos partícipes dunha sincera amizade

ENTRADAS

BLOOM

Helena Girón, Samuel M. Delgado, 18', 2023, Spain
Dirección: Helena Girón, Samuel M. Delgado
Produción: La Banda Negra
Fotografía: Helena Girón, Samuel M. Delgadon
Montaxe: Helena Girón, Samuel M. Delgado
Son: Carlos E. García

San Borondón é unha illa mítica que aparece e desparece. Ao longo da historia situouse nos mapas cerca das Illas Canarias. A lenda da illa de San Borondón chegou a cobrar tal forza que, durante os sécuos XVI, XVII e XVIII, organizáronse expedicións para descubrila e conquistala. Tras séculos de esquecemento, finalmente foi atopada.

ENTRADAS

CIRCO NEVADA

Manuel Valcárcel , 62', 2023, Spain
Dirección: Manuel Valcárcel
Produción: Iván Patiño, María Elena Álvarez
Fotografía: Manuel Valcárcel
Montaxe: Lucía Estévez
Música: Óscar Maceda

Circo Nevada é unha longametraxe documental que xira en torno ás vivencias dos integrantes do Circo Nevada durante o tempo que quedaron en Monforte de Lemos, Lugo a causa das restriccións de mobilidade acordadas durante o estado de alarma decretado polo Goberno Español. O filme amosa as súas emocións, as dificultades de enfrontarse a unha situación cada vez máis angustiosa, sen poder volver as súas casas e sen poder realizar actuación algunha. Pouco a pouco vaise creando un microcosmos, fiel reflexo da sociedade na que vivimos, onde as clases sociais separáronse máis e máis a medida que avanzou a pandemia.

ENTRADAS

DEVOCIÓNS

Ángel Montero, María Serna, 17', 2023, Spain
Dirección: Ángel Montero, María Serna
Fotografía: Ángel Montero, María Serna, Jorge Suárez-Quiñones Rivasn
Son: Sergio Fernández Borrás
Con: Emma Aguirre, Ángel Montero, María Serna, Rafael S.-M. Paniagua, Toribio

Rituais curativos, baños, caricias, coidados. Unha historia de amor e enfermidade que explora a aceptación dunha perda e a posibilidade real da morte. Unha viaxe sensorial a través do espello en busca de paisaxes sanadoras para celebrar a vida.

ENTRADAS

ECOTONE

Enar de Dios, 27', 2023, Austria-Spain
Dirección: Enar de Dios
Voz: Amber Cunlife

“Ecotone” é un ensaio audiovisual que se centra en zonas fronteirizas para falar das prácticas de control que se exercen sobre diferentes espazos co fin de mantelos separados. Estruturado nunha serie de “campos” ordeados de maior a menor escala (desde enormes zonas naturais protexidas ata espazos corporais diminutos), “Ecotone” é unha crítica a formas contemporáneas do capitalismo como o capitalismo de vixiancia ou o biocapitalismo. Usando unha gran variedade de material visual, “Ecotone” combina e demostra as relacións que existen entre aspectos económicos, políticos, históricos e medioambientais.

ENTRADAS

ESPANTOS E DESENCANTOS

Ariadna Silva, 8', 2023, Spain
Dirección: Ariadna Silva
Produción: ChanfainaLab
Montaxe: Isaac Rivadulla, Ariadna Silva
Música: Carlos Gil, Manuel García Vicente, Pla Vinseiro
Con: Cruz Piñón

Cruz ten unha horta, unha vaca e moitas froiteiras. O seu refuxio é a súa casa. O mundo, en cambio, está cheo de males que dalgún xeito terá que espantar.

ENTRADAS

HABITAR

Anxos Fazáns, 14', 2023, Spain
Dirección: Anxos Fazáns
Produción: Silvia Fuentes
Guión: Anxos Fazáns

Que é un fogar? Pode un corpo ser unha casa? Este filme trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero galegas.

ENTRADAS

HONDARRAK (EN RUINAS)

Paula Iglesias, Marta Gómez, 15', 2022, Spain
Dirección: Paula Iglesias, Marta Gómez
Produción: Sara Blanco, Paula Iglesias, Ana Serna
Fotografía: Lara Vilanova
Montaxe: Paula Iglesias
Son: Alberto Blázquez

As ruínas dun sistema de coidados que cae en anacos e que enmarcan as historias de dúas mulleres que o seu traballo é estar sempre. Agardar. Sempre.

ENTRADAS

LOS SALDOS

Raúl Capdevila, 76', 2022, Spain
Dirección: Raúl Capdevila
Produción: Andrés Sanjurjo, Raúl Capdevila
Fotografía: Gerard Aparicio
Montaxe: Raúl Capdevila
Son: Guillermo Rojo, Pablo Rivas
Música: Guillermo Rojo, Gonzalo Sanz, Irene Ivankòva

José Ramón Capdevila, o último de tres xeracións de labregos e gandeiros, recibe a noticia de que o seu fillo Raúl vai volver á casa despois de non atopar traballo na cidade. Coa esperanza de encontrar algo mellor, ambos volven traballar xuntos na granxa, ao tempo que, na vila, se anuncia o desembarco do “Grupo Pini”, importante empresa do sector cárnico que quere construír un enorme macro-matadoiro.

ENTRADAS

NA PEL DA MEMORIA

Laura e Coral Piñeiro , 14', 2022, Spain
Dirección: Laura e Coral Piñeiro
Guión: Bruno Arias, Coral Piñeiro, Laura Piñeiro
Montaxe: Bruno Arias, Laura Piñeiro
Música: Artúr Silveiro García
Con: Lidia Veiga

Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde nace a nosa remitente. Mariví con 14 años vese obrigada a exiliarse por culpa do golpe de estado. Teñen súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas a das historias que nos precederon nos lugares onde crecemos?

ENTRADAS

SERPARI

Iria Sanjurjo, 20', 2023, Spain
Dirección: Iria Sanjurjo
Produción: Ojovago
Son: Inés Almirón

O 1 de Maio, en Cocullo, Italia, asistimos a un dos rituais máis peculiares da zona de L’Aquila, adicado ás serpes e o abade San Domenico.

Un ritual multitudinario no que o amor e o respecto polas serpes alcanzan a súa máxima expresión nol marco dun ritual relixioso.

Guiados polos Serpari veremos como a Serpe, símbolo e orixe de todos os pecados, se transmuta en amor e unión a todos os seres vivos da natureza.

Serpari desde o exterior, forma con Los Empalaos desde o privado, os dous primeiros capítulos da serie Rituais, un intenso e suxerente viaxe de certezas e incertidumes.

ENTRADAS