ORGANOLOXÍA EXPERIMENTAL. ENCONTRO SONORO CON CARLOS SUÁREZ.

Un encontro aberto a modo de open studio no Cárcere Vella de Tui, onde o etnomusicólogo Carlos Suárez compartirá o seu particular universo artístico ao fío da instalación sonora realizada para o performance que ofrece esa mesma noite ao público (a súa obra será unha das paradas de Cinemapercorridos desta edición). Unha experiencia máxica na que Suárez desvelará ao público os segredos dos aparellos que constrúe, autómatas cinético-sonoros fabricados con motores ou dispositivos electrónicos autosuficientes instalados en diversos espazos do patio deste cárcere. Falará da súa visión do son, sobre a importancia da escoita, o papel que cumpre a fonografía e a gravación de campo, así como dos obxectos sonoros que crea no que chama “organoloxía experimental”.

 

Carlos Suárez.

Compositor e etnomusicólogo. Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. Compuxo para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente nas áreas culturais afroamericanas do caribe e indíxena do Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoros. Transcribiu máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF e FINIDE “Fundación internacional de etnomusicología” durante 10 anos. No ano 2006 gana en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Os chimbángueles de San Benito.” No ano 2003 retorna a Galicia, centrando os seus estudos no concepto de “paisaxe sonora”.

 

– Domingo 30 de abril – 17:00h / Duración aproximada 90 minutos.

– Entrada gratuíta.

– Inscrición previa enviando un e-mail a produccion@play-doc.com co asunto ‘Taller Sonoro’ ou no stand do festival antes do 29 de abril.

– Prazas limitadas.