O filme brasileiro Humberto Mauro faise co gran premio de Play-Doc 2019

O filme brasileiro Humberto Mauro faise co gran premio de Play-Doc 2019

8 Abr 2019

Os premios de distribución Play-Doc TV foron para as películas ‘In Memoriam’ de Marcos Merino e ‘La Estrella  Errante’ de Alberto Gracia

O xurado da décimo quinta edición do Festival de Cinema Play-Doc, composto por  Garbiñe Ortega,  Derwin  Tamsa e  Olaf  Möller, decidiu outorgar o Premio Play-Doc á película brasileira Humberto Mauro dirixida por  André dei Mauro por “ser unha película que non só honra a un gran director, senón que ofrece unha visión lírica das paradoxais promesas do progreso no século  XXI e do país do que provén”

O xurado quixo destacar a calidade de todas as películas a competición desta edición e quixo resaltar que todas elas merecían ser gañadoras. Decidiron outorgar este premio “tomando como inspiración a comida  galega, queremos dar o premio á película que usa un material puro e esencial de alta calidade para compoñer un prato que se converte nunha sinfonía  vivaz a través da súa montaxe, a súa elección musical e a súa rica paisaxe sonora”.

Humberto Mauro (2018), estreada tamén na pasada edición do festival de Venecia. Con máis de trescentas películas Humberto Mauro (1897-1983) non só foi o pai do cinema brasileiro, senón tamén o primeiro cineasta de toda América Latina. Neste tributo ao lendario realizador, o seu sobriño neto  André dei Mauro fai un repaso pola súa monumental cinematografía a través de imaxes das súas películas e o rexistro sonoro dunha entrevista radiofónica gravada nos anos sesenta. O resultado é unha obra enormemente poética e unha viaxe no tempo no que o propio Humberto Mauro fálanos da súa vida, da súa visión do cinema e das súas experiencias e retos como a primeira persoa que a principios do  s. XX comeza a facer películas nunha pequena cidade do interior do Brasil.

Doutra banda, Os premios de distribución Play-Doc TV foron para as películas ‘In memoriam’ dos asturiano Marcos Merino, e ‘La Estrella  Errante’ do director galego Alberto Gracia. Estes galardóns consisten na compra de dereitos non exclusivos para a súa exhibición temporal na plataforma de  vod    Play-Doc TV que opera a través do operador de cable do Grupo  Euskaltel nos territorios de Galicia (con  R televisión), Euskadi con  Euskaltel e Asturias con  Telecable.

Share

Facebook Twitter Pinterest