Les Blank inaugura mañá Play-Doc

Les Blank inaugura mañá Play-Doc

12 Abr 2016

A undécima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais dá comezo mañá coa proxección de The Blues According to Lightin’ Hopkins, un dos máis celebrados filmes musicais de Les Blank, o grande trobador do cinema de non ficción. Retrato do magnífico bluesman do título, a obra destila a paixón polas raíces sonoras do folque americano que caracterizan a obra de Blank.

A película inaugura un ciclo dedicado á súa figura, no que destaca a estrea do filme A Poem is a Naked Person, que se poderá ver o sábado. Película censurada durante máis de corenta anos, xa foi definido por moitos coma o mellor documental de rock’n’roll da historia. O fillo de Les, Harrod, estará presente en todas as sesións para introducir os filmes e falar do cinema do seu pai.

Esta cinta comparte a proxección inaugural con Miss Ledya, primeiro filme de ficción galego, recentemente recuperado. A aposta polo cinema propio complétase coa proxección ás 23 horas de Os días afogados, de César Souto e Luis Avilés, sobre o asolagamento de varias vilas pola construción do encoro de Lindoso. Os seus autores compartirán co público a experiencia de rodar este proxecto, de próxima estrea en salas españolas.

As portas para a inauguración abriranse unha hora antes desta, ás 19:30.

, , , , ,

Share

Facebook Twitter Pinterest