A película belga Victoria, gañadora do Premio Play-Doc 2020

A película belga Victoria, gañadora do Premio Play-Doc 2020

27 Set 2020

O xurado desta décimo sexta edición do Festival de Cinema Play-Doc composto pola produtora Marta Andreu, o programador e realizador Pela del Álamo e o cineasta Andrés Duque, decidiu outorgar o Premio Play-Doc 2020 á película belga Victoria dirixida por Sofie Benoot, Liesbeth De Ceulaer e Isabelle Tollenaere.

O xurado no seu fallo conclúe o seguinte: “vivimos tempos difíciles e o cinema e a arte, teñen que ser consecuentes, ofrecer pistas, servir de compás para volver ao esencial. É dicir, atopar un sentido á vida nun lugar onde, aparentemente, non o hai, e a partir de alí, construír un novo relato, un novo xeito de conectarse co mundo… Por facelo desde unha forma radical, enigmática, fráxil, libre e desde unha lúcida sinxeleza”, o xurado decidiu outorgar por unanimidade a concesión deste premio.

Victoria chegou a Play-Doc despois dun exitoso percorrido por algúns dos festivals internacionais máis destacados. No festival galego o filme obtivo unha gran acollida por parte do público que conectou coa histora que relata. A película transcorre no deserto de Mojave ao sur de California onde se atopa a cidade inacabada de California City. Ideada 60 anos atrás, orixinalmente a cidade pretendía ser unha reprodución de Los Ángeles en tamaño e poboación, pero nunca chegou a terminarse. No centro de Vitoria está Lashay T. Warren, que deixou atrás o seu turbulento pasado en Los Angeles para comezar unha vida nova dentro desta rede de miles de rúas derruidas. Victoria evoca un deambular no que elementos reais e imaxinarios entrelázanse, e no que Lashay T. Warren, coma se dun pioneiro contemporáneo tratásese, escribe o seu propio camiño e deixa unha pegada tras de si.

Así mesmo, o xurado quixo destacar a gran calidade da programación e trasladou o seus parabéns a todo o equipo do festival por sacar adiante un magnífica edición nun momento tan complexo.

Share

Facebook Twitter Pinterest