Produción: Nan Bush, Eva Lindemann-Sanchez
Fotografía: Jim Fealy, Lance Acord ,Theodore Stanley, Franklin Stanley, Shane Sigler
Montaxe: Chad Sipkin
Son: Tom Fleischman, Richard Q. King
Música: John Leftwich
Con: Robert Mitchum, John Mitchum, Benicio del Toro, Al Ruddy, Clint Eastwood, Deborah Kerr, John Huston, James Brown, Luciano Pavarotti, Dr. John, Dean Martin, Johnny Depp, Julie London, Marianne Faithfull, Sarah Miles, Liam Neeson
A finais dos anos noventa, o fotógrafo e cineasta Bruce Weber conseguiu convencer a Robert Mitchum para que aparecese ante a súa cámara. Cando Mitchum faleceu en 1997, Weber deixou aparcado o seu amado proxecto e non foi até hai pouco que volveu retomar o material filmado. Mitchum –que antes de cumprir os 15 xa escapara de casa dez veces, ingresara en prisión e realizara traballos forzados–, actuou en máis de 130 filmes, principalmente películas de guerra, cinema negro e westerns, nas que sempre facía de tipo duro. Pero Robert Mitchum tamén foi unha persoa moi lida, que escribía poesía, e un grandísimo artista. Nice Girls Don’t Stay for Breakfast (título tomado dunha canción de Julie London), non só é o retrato dun mozo malo con alma de poeta, senón tamén unha película sobre o envellecer dun símbolo sexual masculino. A través dunha serie de entrevistas co propio Mitchum, así como con amigos e admiradores, números musicais e material de arquivo, Weber móstranos a batalla interminable de alguén que pasou a vida enteira tratando de escapar de casa.