COMING SOON

Cineastas presentan en directo ao público un breve adianto dalgúns dos filmes que poderemos ver durante o próximo ano 2021.

A pesar das incertezas ás que nos enfrontamos no tempo presente, non podemos nin debemos baixar a garda. A cultura debe persistir e con ela os diversos proxectos cinematográficos que cada ano brotan froito dun gran esforzo individual e colectivo.

‘ Coming  Soon’ é un espazo aberto no que poderemos compartir o proceso creativo dos nosos cineastas máis próximos. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, veremos as primeiras imaxes e contarannos as principais dificultades polas que atravesan, así como os seus retos. Neste encontro tamén participarán, de maneira virtual, programadores internacionais dalgúns dos festivais internacionais máis interesantes, que poderán así coñecer algúns exemplos da fecunda produción cinematográfica galega .

En certa medida, a súa perseveranza, resistencia e determinación supoñen unha boa dose de esperanza, e fainos confiar en que a pesar das dúbidas respecto ao panorama futuro, a creación cultural e o talento non se deteñen.

Participarán neste encontro os seguintes proxectos e realizadores:

NACIÓN, de Margarita Ledo.

A POETA ANALFABETA, de Sonia Méndez.

MONTAÑA ou MORTE, de Pela del Álamo.

EL TIEMPO DEL FUEGO, de Alexandre Cancelo.

ENTRADAS

 

Un encontro que conta co apoio do programa de Acción Cultural Española (AC/E) para a internacionalización da Cultura Española ( PICE), na súa modalidade de Visitantes, que facilita que as entidades e institucións culturais españolas, conten nas súas actividades e programas coa participación en España de profesionais e prescritores culturais internacionais, o fin de coñecer de maneira directa e persoal a oferta creativo-cultural española.

ACE