COMING SOON

Cineastas presentan en directo ao público un breve adianto dalgúns dos filmes que poderemos ver durante o próximo ano 2023. Na derradeira xornada do festival queremos achegarnos aos proxectos que están por vir; aqueles que amosarán proximamente o camiño renovador que está a tomar o cinema documental galego. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, veremos as primeiras imaxes e nos contarán o estado do proxecto. Participarán neste encontro os seguintes proxectos e cineastas:

A foreign Song de César Souto,

As defensas de Lucía Estévez,

The wonderful and boring life of Micah P. Hinson de Fon Cortizo

 

Domingo 8 de maio – 18:30 h. Sala de prensa. Teatro Municipal de Tui.

Entrada de balde ata completar aforo.