Clase Maxistral con Walter Saxer

Walter Saxer é un produtor de cinema de nacionalidade suíza que comezou a súa carreira a finais dos anos 60 cando en Lanzarote, coñeceu ao cineasta alemán Werner Herzog quen elixira a illa española para filmar a súa segunda longametraxe Tamén os ananos empezaron pequenos. Walter, que naquela época tiña 20 anos, axudou na produción sen haber nunca antes traballado nunha película e quedou obsesionado coa idea de facer posible o imposible. Walter foi vivir a Alemaña onde rapidamente coñeceu a escritores, poetas, e cineastas que formaban parte da  nova onda de cinema alemán como Herbert Achternbusch, Fassbinder e por suposto Werner  Herzog, con quen colaborou ao longo de case toda a súa carreira. Walter  Saxer, foi quen fixo posible algunhas das producións máis difíciles da historia do cinema como sen dúbida foi  Fitzcarraldo e tamén Aguirre, a cólera de Deus. Nesta exclusiva clase maxistral explicara como estas películas foron feitas nas condicións máis arduas, cun equipo extremadamente pequeno en Aguirre e subindo un barco de vapor por unha montaña en Fitzcarraldo. Saxer estará acompañado polo crítico de cinema, produtor, divulgador científico e astrónomo coruñés, Martin Pawley.

ENTRADAS