We Were So Beloved

Atrás
Manfred Kirchheimer , 145', 1986, USA

Entre 1933 e 1941 miles de xudeus procedentes de Alemaña e Austria fuxiron do nazismo e instaláronse nos Estados Unidos. Máis de 20 000 deles reuníronse no barrio de Washington Heights da cidade de Nova York, deixando atrás irmáns, irmás, pais e nais. Washington Heights converteuse así nunha comunidade de xudeus alemáns que os seus habitantes alcumaron o Cuarto Reich ou o Frankfurt do Hudson. We Were So Beloved indaga nas consecuencias emocionais e filosóficas desta comunidade, resultado da súa condición de sobreviventes.

ENTRADAS

Share

Facebook Twitter Pinterest