Documentando na rede

A estas alturas resultaría absurdo falar do poder da rede na nosa sociedade en xeral e como esta transforma o audiovisual en particular. Non obstante, coidamos que o virtual precisa dos espazos físicos para constituírse, debater e coller folgos.

Neste encontro presentaremos tres proxectos que teñen como base o documental, e que, para o seu desenvolvemento, se apoian na rede e nas novas tecnoloxías. Experiencias, todas elas, que parten do concreto e singular dunha rexión para falar ao mundo e amosar a súa idiosincrasia. Os proxectos son:

Carlos Viana “Aldeias do mar”

Andrea Olmedo “Rural decolonizado”

Ignacio Canosa “Cheminus Battus” http://ivancastineiras.wixsite.com/films/chemin-battus

Sábado 25, 17 h. Sala de Prensa Teatro Municipal