Na derradeira xornada do festival queremos achegarnos aos proxectos que están por vir; aqueles que amosarán proximamente o camiño renovador que está a tomar o cinema documental galego. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, veremos as primeiras imaxes e nos contarán as principais dificultades polas que atravesan, así como os seus retos. Estes proxectos son:
Roi Carballido “Manoliño Nguema”
Héctor Domínguez-Viguera “Tierra de leche y miel”
Eloy Domínguez Serén “Hamada”
Diana Toucedo “Porto desexado”
Ana Domínguez “Os fillos da vide”
Domingo 26, 17 h. Sala de Prensa Teatro Municipal