Cinéma Direct
por Dominic Gagnon
Unha imaxe. Varias imaxes. Sons en branco e negro con cores. Quen as rodou? Quen as montou? Quen as mostrou? Quen son eu? En que nos convertemos? Quen vai mirar? A que prezo? En pleno século XX, a Oficina Nacional de Cinema de Canadá, axencia do goberno federal, quixo pegarse directamente á realidade, «formar parte dela». Ademais contaba con Arthur Lipsett, que achegou un distanciamento e unha sensibilidade engadidos con técnicas próximas ao cut-up e ao found footage. Dous puntos de vista para nada contraditorios entre si, respectivamente performativos e delituosos dentro da institución (Oficina Nacional de Cinema). Aínda que houbese que ir humildemente ao encontro de xente ou rebuscar no lixo, nos arquivos, nos parques e beirarrúas cunha certa visión, a intención seguiría sendo a mesma: entender o que ocorre ao noso redor. E ademais ás costas dos administradores. Nese senso, todos os filmes proxectados nesta programación resultan ser inexplicables no marco institucional, xa que son visións auténticas e sinceras do cinema, nacidas da vontade de espíritos libres.
21-87
Producido por Colin Low e Tom Daly
21-87 é unha sucesión abstracta de imaxes sen relación, da multitude nas rúas, aludindo a unha sociedade dominada polas máquinas. Dise que influenciou a George Lucas en Star Wars, así como na creación do concepto da «Forza».
À ST. HENRI LE 5 SEPTEMBRE
Produción: Fernand Dansereau
Fotografía: Guy Borremans, Michel Brault, Georges Dufaux, Claude Fournier, Bernard Gosselin, Jean Roy, Claude Jutra, Bernard Devlin, Arthur Lipsett, Don Owen, Daniel Fournier
Montaxe: Jacques Godbout, Monique Fortier
Son: Marcel Carrière, Roger Lamoreux, Roger Hart, Claude Pelletier, Leo O’Donell, Werner Nold
Música: Eldon Rathburn
Canción: Raymond Lévesque
Narración: Jacques Godbout
O filme mostra unha serie de estampas da vida no barrio traballador de Saint-Henri (Montreal), durante o primeiro día de escola. Desde o amencer á medianoite, vemos ás nais consentindo aos seus fillos, a inactividade forzosa dun pai, aos adolescentes facendo o parvo, aos mozos amantes coqueteando. O día a día ao natural.
A TRIP DOWN MEMORY LANE
Producido por Colin Low e Tom Daly
Compilada a partir de anacos de noticiarios antigos, Lipsett chama a este filme unha cápsula do tempo, pero a súa montaxe convérteo nunha peza explosiva. Nel vemos centos de imaxes que algunha vez xeraron titulares e que agora, reorganizadas deste xeito, resultan ironicamente grotescas.
LA LUTTE
Produción: Jacques Bobet
Fotografía: Michel Brault, Claude Fournier, Claude Jutra
Montaxe: Claude Jutra, Michel Brault, Claude Fournier
Son: Marcel Carrière
La Lutte propón unha incursión no mundo da loita profesional en Montreal. Os combates, simulados e espectaculares, teñen lugar no foro, pero tamén fóra de escena, onde se practica esta arte guerreira. As cámaras atentas aos máis mínimos detalles, captan aos loitadores bos e aos malvados, mentres se dan de puñadas, golpéanse, roxen e xesticulan, rivalizando en enxeño para o xúbilo do público.
LES RAQUETTEURS
Fotografía: Michel Brault e Gilles Groulx
Montaxe: Michel Brault e Gilles Groulx
Son: Marcel Carrière
Esta curtametraxe rexistra o ritual de celebración dunha competición de raquetas de neve en Sherbrooke (Quebec), a finais dos anos cincuenta. Considerada como a precursora do nacemento do cinema directo, Les Raquetteurs marca o comezo dun novo xeito de abordar a realidade no cinema documental e anticipa o estilo inequívoco da recentemente formada unidade francesa do National Film Board de Canadá.
ROULI ROULANT
Produción: Marcel Martin
Montaxe: Werner Nold
Fotografía: Michel Brault
Son: Sidney Pearson
Música: Pierre F. Brault
Canción: Geneviève Bujold
Narrador: Charles Denner
Dedicado a «todas as vítimas da intolerancia», esta película retrata o nacemento do skateboarding en Montreal. Unha nova actividade reprobada por adultos e policías e que daba aos máis novos unha excitante sensación de velocidade e de liberdade. Rouli-Roulant, a primeira película feita sobre este deporte, capta a euforia de mozos e mozas pasándoo en grande mentres rodan costa abaixo sen freos.
VERY NICE, VERY NICE
A primeira película de Arthur Lipsett é unha mestura vangardista de fotografía e son. Está feita con ducias de imaxes aparentemente familiares, con fragmentos de conversacións ouvidas ao pasar, e de cando en vez unha voz que di: «Moi bonito, moi bonito»
VOIR MIAMI
Produción: Fernand Dansereau
Fotografía: Bernard Gosselin
Son: Marcel Carrière
Música: Yvan Landry
Narración: Marie-José Raymond, Victor Désy, Anne Claire Poirier
Esta maxistral curtametraxe é unha alegoría da América moderna, durante a crise dos mísiles en Cuba. A montaxe poética suxire tanto a aversión como a fascinación que evoca esta especie de «Eldorado», un lugar que é á vez asilo para anciáns e ideal de progreso americano.