Organiza: Agrupación Cinematográfica Galega
Imparte: Luís Macías, do colectivo Cráter Lab7 (Barcelona)
Descrición do curso: Curso de iniciación ao Súper 8 en catro sesións, nas que os participantes aprenderán a coñecer e manexar o seu cámara, a filmar partir dun exercicio colectivo de rodaxe , revelando a película de forma artesanal, e a preparar e montar o material resultante e a proxectalo. O obxectivo é a creación dunha película colectiva en formato analóxico súper 8 , na que se elabora artesanalmente os diferentes procesos e dispositivos cinematográficos para o seu rendemento e control dos procesos
Material incluido no curso:
A ACG fornecerá todos os materiais necesarios para a filmación (cámaras, películas), revelado (tanques, químicos), edición (visionadoras, empalmadoras) e proxección. Os participantes, se queren, poderán traer os seus cámaras, empalmadoras, visionadoras e proxectores..
A matrícula inclúe, ademais do curso, a posibilidade de practicar o aprendido no laboratorio da Agrupación Cinematográfica Galega, en Vigo, (Rúa Uruguai 17, entreplanta esquerda) tras a realización do curso.
Información e matrícula:
http://www.agrupacioncinematograficagalega.org/workshop-luis-macias.html
Horario xoves 23 de marzo: de 10 a 14:00 horas
Horario venres 24 de marzo: de 10 a 14:00 horas
Horario sábado 25 de marzo: de 10 a 14:00 horas
Horario domingo 26 de marzo: de 10 a 14:00 horas
Dirección: Pay-Doc. Rúa Colón nº2 Edificio Área Panorámica. Tui
Prezo: 95€ (todos los materiales incluidos).
CV do profesor:
Luís Macías é artista, cineasta, reciclador de imaxes e docente especializado en Cinema Experimental. As súas obras en formato fílmico 8mm, súper 8 e 16mm son concibidas como proxectos de Filme Performance ou Expanded Cinema. As inquietudes artísticas céntranse en dous puntos: o traballo físico sobre película cinematográfica e na reciclaxe e re-invención de novas relacións entre as imaxes en movemento.
Paralelamente desenvolve talleres teórico-prácticos especializados en distintas variantes de cinema experimental como Súper 8, Found Footage, Cinema Sen Cámara…tanto en escolas de cinema como en centros de arte e museos.
É membro fundador do colectivo de artistas CáterLab, un laboratorio de Barcelona pioneiro no traballo fílmico colaborativa contorna ao cinema analóxico. (http://crater-lab.org/).