Competición

AMA-SAN

Cláudia Varejão, 112', 2016, Portugal
Dirección e fotografía: Cláudia Varejão
Axudante de dirección: Aya Koretzky
Son: Takashi Sugimoto
Cámara subacuática: Masakazu Akagi
Montaxe: João Braz, Cláudia Varejão
Produción: Terratreme Filmes, João Matogueiras, Leonor Noivo, Luísa Homem, Pedro Pinho, Susana Nobre, Tiago Hespanha
Con Mayumi Mitsuhashi, Masumi Shibahara, Matsumi Koiso.

Unha inmersión, a luz do sol do mediodía atravesa a auga. O aire que está nos pulmóns terá que chegar ata que se consiga arrincar a orella de mar das rochas do fondo do Océano Pacífico. Sen a axuda de botellas de osíxeno ou de calquera outra cousa que potencie a capacidade de permanecer debaixo da auga, todo o corpo é chamado a chegar ata o límite. En Wagu, un pequeno pobo pesqueiro da península de Ise, Matsumi, Mayumi e Masumi, mergúllanse diariamente sen saber o que atoparán. Os seus corpos, delicados en terra firme, convértense en cazadores de mar. As Ama-San practican a pesca de mergullo desde hai máis de 2000 anos.

Contacto
TERRATREME FILMES
info@terratreme.pt

EL FUTURO PERFECTO

Nele Wohlatz, 65', 2016, Argentina
Dirección: Nele Wohlatz
Produción: Cecilia Salim
Fotografía: Roman Kasseroller, Agustina San Martín
Son: Nahuel Palenque
Montaxe: Ana Godoy
Produtora: Murillo Cine
Con ZHANG Xiaobin , Saroj Kumar Malik , JIANG Mian, WANG Dong Xi, Nahuel Pérez Biscayart

Xiaobin ten 17 anos e cando chega á Arxentina non fala unha palabra de español. Con todo, aos poucos días xa ten un novo nome, Beatriz, e un primeiro traballo nun supermercado chinés. A súa familia vive no mundo paralelo do seu lavadoiro, afastado dos arxentinos. Xiaobin garda diñeiro en segredo e inscríbese nunha escola de idiomas. O que aprende aí, ensáiao na rúa. Despois da clase sobre «arranxar citas», cita a un cliente indio do supermercado. Con Vijay apenas se pode comunicar, con todo, empezan un noivado secreto. Cando practican o condicional, Xiaobin comeza a pensar sobre o seu futuro. Que podería pasar se os seus pais se decatan da súa relación con el? Canto mellor é o seu español, Xiaobin máis intervén na escritura do guión da película. Os seus compañeiros chineses comentan os sucesos desde a aula como un coro. O futuro perfecto convértese nunha sala de ensaios para a súa nova vida.

Contacto
info@murillocine.com

LE CONCOURS

Claire Simon, 119', 2016, France
Escrita e dirixida por Claire Simon
Produción: Arnaud Dommerc / Andolfi, Michèle Casalta / Mouvement
Fotografa: Claire Simon, Aurélien Py
Son: Olivier Hespel
Edición: Luc Forveille, Léa Masson

Claire Simon mergúllase no día a día da coñecida escola de cinema parisiense La Fémis, onde se pon en práctica un ideal francés específico da excelencia que se podería resumir como: «todos somos iguais, pero só os mellores conseguen entrar». A través do proceso de admisión, o duro traballo de todo o ano e os exames de gradación, Le concours establece un retrato da nosa relación coa excelencia no mundo da arte e nunha das escolas máis prestixiosas de Francia. Un lugar para a cultura onde varias xeracións se mesturan.

Contacto
Wide House
infos@widehouse.org

LIBERA NOS (LIBERAMI)

Federica di Giacomo, 89', 2016, France-Italy
Dirección: Federica dei Giacomo
Guión: Federica dei Giacomo, Andrea Zvetkov Sanguini
Fotografía: Greta de Lazzaris, Carlo Sisalli
Montaxe: Aline Hervé, Edoardo Morabito
Produción: Francesco Virga, Paolo Santoni
Produtora: Mir Cinematografica, RAI Cinema

A práctica do exorcismo é aínda unha realidade no mundo contemporáneo. Cada ano, máis e máis xente afirma que as súas enfermidades están causadas por posesións demoníacas. O pai Cataldo é un veterano, un dos exorcistas máis solicitados en Sicilia. Cada martes, moitos crentes acoden ás súas misas de liberación, buscando a cura para adversidades para as que non parece haber nome nin remedio. A reacción da Igrexa Católica ante esta crise é aumentar o nomeamento de curas como exorcistas e organizar cursos de prácticas para eles. Como resposta ao aumento de peticións de liberación do mal, todas as dioceses francesas contan con polo menos un exorcista. En España, a arquidiocese de Madrid trata desesperadamente de cubrir sete vacantes adicionais. Só en Roma e en Milán, o número de exorcismos medrou de 6 a 12, e a Igrexa estableceu un centro de chamadas de emerxencia. Nos Estados Unidos, o número de exorcistas multiplicouse por 10 en apenas uns anos.

Contacto
True Colors
gaetano@truecolours.it

OMAR E GLORIA

Jimmy Cohen, 84', 2017, Mexico
Idea orixinal, dirección e edición Jimmy Cohen
Con Gloria Aguilar López / Omar Manuel Aguilar / Acerina e a súa danzonera
Produción Paula Astorga Riestra / Erik Majzner
Fotografía Gloria Aguilar López / Omar Manuel Aguilar / Jimmy Cohen
Son directo Erik Majzner / Alan Fis / Alan Rabchinsky
Deseño sonoro Alan Rabchinsky
un proxecto de ASALTO Á BARBARÍA FILMS

Omar e Gloria bailan danzón. Gloria, aos seus 80 anos, está chea de luz, e desde hai máis de 15 anos Omar é o seu acompañante e parella de baile. Ademais, Omar e Gloria son nai e fillo. A través de gravarse en vídeo como parte do seu día a día, Omar e Gloria rexistran cada intre da súa vida como cineastas afeccionados e funcionan como espectadores de si mesmos. Omar relaciónase coa vida a través de Gloria. Ela relaciónase co mundo a través da súa cámara de vídeo. E xuntos danlle vida a unha historia única que se conta a través da música dos salóns de baile, das súas lembranzas e dos 11 pasos que marcan un bo danzón.

Contacto
paula@circo212.org.mx
distribucion@circo212.org.mx