Manfred Kirchheimer , 30', 1968, USA
Mentres unha máquina terrorífica derruba edificios ata reducilos a entullos, este documental poético examina os efectos negativos da renovación e a demolición urbanas. Nas construcións antigas, os relevos de pedra de aparencia humana observan como a cidade é alterada por estas grandes máquinas, que acabarán por destruílos tamén a eles.