Curtametraxes

BAKI TADU É

Kate Saragaço-Gomes, Calum MacBeath Morgan, 13', 2021, Denmark-India-Portugal
Unha película de Kate Saragaço-Gomes e Calum MacBeath Morgan
Produción, dirección, fotografía, montaxe e deseño sonoro: Kate Saragaço-Gomes
Produción e montaxe: Calum MacBeath Morgan
Deseño sonoro: Marcelo Tavares
Corrección de cor: Afonso Gaudêncio, Thibault Solinhac

Tadu Baki penétra na selva. Atópase a si mesmo nun vaso de auga.

ENTRADAS

FRUTO DO VOSSO VENTRE

Fábio Silva, 20', 2021, Portugal
Unha película de Fábio Silva
Fotografa e montaxe: Fábio Silva
Asistente de dirección: João Pedro Soares
Son e mestura: André de Almeida
Póster: José Leal
Con: Cesaltina Tavares Silva, Fábio Silva

Un fillo descobre as antigas cintas de 8mm do seu pai e ve por primeira vez imaxes anteriores ao seu nacemento, da súa infancia e da súa adolescencia. Tras velas volve á casa onde creceu e comeza a investigar sobre os seus pais, para tentar comprender o trauma que viviu durante toda a súa vida.

ENTRADAS

PARAÍSO

Marina Lameiro, Maddi Barber , 22', 2021, Spain
Unha película de Mariña Lameiro, Maddi Barber
Guión, son e edición de fotografías: Mariña Lameiro, Maddi Barber
Produción: Mirari Echávarri, Pedro Marqués
Deseño sonoro: Oriol Campi
Gráficos: Fran Fraca
Con: Amets Gardeazabal, Javier Díez, Roberto Jaukikoa, Adur Gardeazabal, Ateri Gardeazabal, Maia Diaz Ameave, Inaitz Cerro, Dembha Murcia, Ara Cerro, Haizea Tabar, Izar Murcia, Aize Lasa, Nira Murcia, Aiora Tabar, Nahia Uxua, Ian Tabar

Dous homes miden a altura dos piñeiros. Unha muller escoita o que as árbores din. Os nenos e nenas do pobo montan tendas de campaña. Unha nube de puntos dixital revela o bosque. Os piñeiros dixeron que podemos preguntar. Sempre chamaron a ese lugar «o Paraíso». Pronto virán as máquinas.

ENTRADAS

REVELACIONES

Juan Soto Taborda, 29', 2020, Colombia-Spain
Directed by Juan Soto Taborda
Editing: Juan Soto Taborda, Lara García Reyne
Sound: Isabel Torres

Chamei á miña nai para facerlle unha pregunta e a conversación resultou ter a estrutura dunha posible película. Ao xuntar as súas palabras cuns materiais en 16mm e uns  carretes de fotos vellos que un amigo cubano pedírame revelar, as imaxes empezaron a arder e a súa ignición propiciou preguntas sobre que son os recordos, como se arquivan e se preservan, e cales se  esfuman sen deixar pegada. Segundo Didi Huberman, mirar unha imaxe require poder discernir o lugar onde arde.

ENTRADAS

VAGALUMES

Léo Bittencourt , 19', 2021, Brazil
Dirixido por Léo Bittencourt
Guión: Léo Bittencourt, Ricardo Pretti
Montaxe: Ricardo Pretti, Waldir Xavier
Producido por Fauna Filmes, Esquina Filmes
Produción: Léo Bittencourt, Julia Murat, Sabrina Bitencourt
Fotografía: Léo Bittencourt, Juliano Gomes
Son: Felippe Schultz Mussel
Con: Daniel dos Santos de Andrade, Elisa Lucinda, Gabriel Fernando de Castro, Gleiton Matheus Bonfante, Lino Besser, Lourival Júnior, Niana Machad, Nico Arawá, Paulo Guidelly, Rafael Medina, Wallace Lino

O lado nocturno dunha icona modernista. A fauna e flora dos xardíns de Roberto Burle Marx, habitados polos visitantes frecuentes do Parque  do  Flamengo mentres a cidade de Rio de Janeiro queda durmida.  Vagalumes é unha etnografía  fabulada da noite do Aterro  do  Flamengo.

ENTRADAS

ZU DRITT (TRIO)

Agnese Làposi, Benjamin Bucher , 23', 2020, France-Switzerland
Dirixido e escrito por Agnese Làposi and Benjamin Bucher
Montaxe: Annette Brutsch, Benjamin Bucher
Producido por Alexis Boulanger, Ethan Selcer (Quartett Production), Jann Kessler (Artist Collective Revolta – Switzerland)
Fotografía: Benjamin Bucher
Son: Agnese Làposi. Adrien Kessler
Corrección de cor: Carlos Tapia Gonzalez
Banda sonora orixinal: Tape Machine Music ‘ lofi ambient demo01’

Fóra das actividades programadas nunha viaxe escolar tres adolescentes atopan maneiras de pasar o tempo. Entre a tenrura, o aburrimento e o rexeitamento, cada un atopa á súa maneira o seu lugar dentro do grupo.

ENTRADAS