Coming Soon

Cineastas presentan en directo ao público un breve adianto dalgúns dos filmes que poderemos ver durante o próximo ano 2022. Na derradeira xornada do festival queremos achegarnos aos proxectos que están por vir; aqueles que amosarán proximamente o camiño renovador que está a tomar o cinema documental galego. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, veremos as primeiras imaxes e nos contarán o estado do proxecto. Participarán neste encontro os seguintes proxectos e realizadores:

2 vellas, 7 gatos e 3 máquinas de coser de Marta Pérez Pereiro

Patarinos de Zeltia Outeiriño

Aurora de Area Erina

Á procura da estrela de Carlos M Peñalver

ENTRADAS