Menu

Benvidos a Play-Doc 2014 !

Foto: Tamara de la Fuente
Sei como outros homenaxeados anteriores eloxian unanimemente todos os aspectos da vida aquí en Play-Doc. A organización, a comida e o intercambio de ideas combínanse para crear unha forte sensación de comunidade.
Dediqueime a realizar documentais durante máis de cincuenta anos, polo que asistín a moitos festivais de cinema de numerosas partes do mundo. Play-Doc atópase entre os máis impresionantes. O programa foi estupendo, así como a grande diversidade de convidados, persoas ás que debería ter coñecido hai tempo. Gocei especialmente coñecéndoos a todos mentres degustaba unha copa de viño delicioso e o famoso polbo.
Tui, unha cidade moi cativa que é en si mesma un reflexo da intimidade, receptividade y facilidade para o diálogo. O que é tan importante deste festival, amais da forza e dedicación de Sara e Ángel, é a boa selección de películas que se proxectan e quen as realizan.
Aprendín moitísimo e paseino moi ben.

Albert Maysles
Ensō (円相) círculo en xaponés. Simboliza o infinito, o universo, o absoluto, o baleiro, a dualidade da existencia. O principio e a fin de todas as cousas.
Expresa tamén a simplicidade, a naturalidade sen pretensións, a austeridade, a enerxía, a liberdade e a vontade de aprender.
O seu trazo irregular e imperfecto evidencia o carácter de quen o crea no momento da súa creación. Cada ensō é irrepetible, orixinal e único.
Con este sinxelo (e fermoso) círculo queremos representar a esencia do festival: con honestidade e humildade, mostrando logros e erros, acertos e fallos. Todo aquilo que fixemos e o momento no que nos atopamos.
Cumprimos dez edicións e finaliza unha etapa. Péchase un ciclo –aínda que a natureza circular do ensō fai que cada final sexa de novo un comenzo–.
Non sabemos que ocorrerá despois, mais agora estamos aquí e temos moitas cousas que celebrar.
Mil grazas.

Play-Doc