castellano
galego
english


PROGRAMA ACTIVIDADES CALENDARIO PRENSA SEDE CONTACTO










WEB
2005 2006 2007 2008
PATROCINIO


Este é un momento importante na Historia. O fracaso do capitalismo occidental (estadounidense), como puxo de manifesto a caída virtual de Wall Street o outono pasado, ofrece unha oportunidade sen precedentes de dirixilo «TODO» nunha nova dirección. O cine independente, así como as webs independentes e os medios de comunicación independentes son poderosas armas para poder levalo a cabo. Os grandes medios están á defensiva, pero non por iso perderon o seu poder e, cada vez máis, os festivais independentes, pequenos e locais, son o único medio de dar a coñecer aos cineastas independentes, espallados polo mundo enteiro. O público comeza a espertar e a darse conta de que o que viron nos multicines, as televisións e as webs dos grandes grupos mediáticos é un produto máis, que en nada se diferenza de calquera outro produto comercial, xa sexa un coche último modelo, unha hamburguesa ou un novo refresco de cola artificialmente edulcorado. Todos estes produtos comerciais son dalgún xeito un veleno, contaminan as nosas vidas coma contaminan o mundo. O público debe controlar o que ve e non deixar que as grandes empresas impoñan o seu sistema feudal nas nosas vidas.

Máis ca nunca Play-Doc é precisamente o que necesitamos para reunirnos. É pequeno e local. As películas están seleccionadas coidadosamente e non son demasiadas. A xente que vai a Play-Doc ten a oportunidade de ver todos e cada un dos documentais que se presentan durante os cinco días que dura o evento. Tralas proxeccións todo o mundo ten a ocasión de conversar cos demais. Todo no festival está feito a escala persoal, cun ambiente informal.

Encantoume saborear a cultura local: a comida, os restaurantes, o viño, a xente de Tui e a música. A música é esencial no festival e os concertos logo das proxeccións son tan importantes como as películas. Play-Doc está na vanguarda da guerra cultural contra o dominio das grandes empresas. Nestes tempos en que nos sentamos ante o ordenador, na busca de algo que nunca parece suficiente, é importante ser quen de apagalo e mirar á xente cara a cara para falar de cine e de música e da vida nesta pequena cidade do norte de España, (e fuxir) o máis lonxe posible, aínda que só sexa durante uns días esperanzadores, de todo o «ruído» e o pesimismo que hai nas nosas vidas.

Lech Kowalski



www.play-doc.com