Tres Procesos

Tan interesante é ver unha película como achegarse ao proceso de creala.

Nestes tres encontros poderemos aproximarnos ao proceso no que están inmersos tres dos directores máis destacados do panorama galego: Lois Patiño (Costa da Morte), Oliver Laxe (Mimosas) e Eloy Enciso (Arraianos).

Nesta sección, a modo de diálogo aberto co público, amosaranse imaxes dos seus novos traballos (Aquilo que arde e Longa Noite), aínda en construción, e darannos a coñecer eses filmes e secuencias que dalgún xeito inspiran e acompañan nun momento decisivo. Sesións nas que os directores se converten en programadores e convidan a compartir eses pequenos documentos e traballos que dalgún xeito marcarán o seu camiño.

Tui