Xurado

chiara

Chiara Marañón

Chiara Marañón é Directora de Programación en MUBI, cinemateca global en liña, e encárgase das adquisicións e curaduría da plataforma, así como da nova aposta da compañía pola distribución en salas no Reino Unido. Chiara estudou na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e na Escola Internacional de Cinema e Televisión de San Antonio de los Baños (Cuba), graduándose da especialidade de guión baixo a titoría de Jaime Rosales. Posteriormente realizou un Máster en dirección de cinema na University of Westminster de Londres, cidade na que reside. Traballou co mestre iraniano Abbas Kiarostami na peza A Moza da Fábrica de Limóns. É tamén colaboradora habitual do cineasta colombiano Juan Soto.

roger-koza

Roger Koza

Membro de FIPRESCI (Federación Internacional da prensa cinematográfica), Roger Koza traballa como crítico no diario La Voz del Interior da provincia de Córdoba (Arxentina); ademais publica regularmente sobre cinema nas revistas Ñ e Quid, como tamén no seu blog Con los ojos abiertos. Conduce semanalmente El cinematógrafo, programa que se emite en Canal10 de Córdoba, e é columnista convidado de Filmoteca, na televisión pública. É tamén programador do Festival Internacional de Cinema de Hamburgo e tamén do Festival Internacional de Cinema da Universidade Autónoma de México. No 2014 asumiu a dirección artística do Festival Internacional de Cinema de Cosquín. Foi xurado en IFFR, Festival de Cinema de Locarno, Golden Apricot Filme Festival, Bafici, Festival Internacional de Cinema de Mar da Prata e FicValdivia, entre outros.

caroline

Caroline Maleville

Despois de varias experiencias en institucións cinematográficas e na industria da distribución, Caroline Maleville únese á Cinemateca Francesa-Museo do Cinema en 2005. Responsable da programación da Cinemateca desde 2009, Maleville organiza de maneira habitual debates ao redor da creación contemporánea. Traballou para os festivais Locarno e Belfort e na actualidade é membro de diversos comités rexionais de cinema, así como de Arte France Cinema.

Tui