S. BERNARDO

Brasil, 1972
Duración: 114'
Dirección: Leon Hirszman

Produtora: Saga Filmes
Produción: Marcos Farias
Guión: Leon Hirszman
Fotografía: Loureiro Escorel
Montaxe: Eduardo Escorel
Música: Caetano Veloso
Elenco: Othon Bastos, Isabel Ribeiro, Nildo Parente, Vanda Lacerda, Mário Lago, Josef Guerreiro, Jofre Soares, Rodolfo Area, José Labanca.

Paulo Honório –que deambula polo interior de Brasil negociando con hamacas, gando, estampitas, rosarios e baratijas–, arrebata a facenda S. Bernardo das mans do seu inepto propietario e futuro empregado Luís Padilha. No camiño, aprende a colocar aos homes, coma se fosen cousas, cada un no seu lugar. Con todo, cando casa con Madalena, a quen desexa posuír totalmente, todo se desmorona, xa que a súa dificultade para racionalizar o amor poñerá en xaque a súa visión do mundo. Adaptada da novela homónima de Graciliano Ramos, esta obra mestra do cinema brasileiro está considerada por moitos como unha das mellores películas latinoamericanas de todos os tempos.

ENTRADAS