Xurado Internacional
Hayet Benkara
Hayet Benkara es una asesora de la industria cinematográfica nacida en Francia y afincada entre Toronto y Europa. Durante más de 15 años trabajó con destacados profesionales en TIFF, el Festival Internacional de Cine de Toronto, bajo la dirección de Piers Handling y Cameron Bailey. Fue responsable del Mercado No Oficial y directora de TIFF Studio, el primer programa de formación anual permanente para profesionales del cine (productores, directores y guionistas). Asimismo, produjo el TIFF Talent Lab, que se celebra durante el festival.
Benkara ha trabajado para prestigiosos festivales internacionales de cine como Cannes, Berlinale, Rotterdam (CineMart), Locarno (Open Doors), Marrakech (Ateliers de l’Atlas) y el Doha Film Institute, donde puso en marcha el mercado de coproducción Qumra, así como en Abu Dhabi, Dubái —donde creó el departamento de Industria— y Guanajuato (México), entre otros.
En 2021 lanzó el Nouveau Marché en el Festival du Nouveau Cinéma de Montreal, un nuevo mercado de coproducción que presenta proyectos canadienses e internacionales en desarrollo al mercado norteamericano. Gracias a su amplia red internacional y a su enfoque integral, es invitada con frecuencia a impartir talleres y moderar mesas redondas sobre temas relacionados con la industria cinematográfica.
A lo largo del año asesora a cineastas y productores, tanto emergentes como consolidados, en estrategias de desarrollo, producción, coproducción, distribución, marketing y ámbitos afines.
Jay Weissberg
Historiador e crítico de cinema nado en Nova York, Jay Weissberg reside en Roma e é director das Giornate del Cinema Muto / Pordenone Silent Film Festival desde 2016, escribindo amplamente sobre múltiples aspectos do cinema mudo.
Como crítico cinematográfico estivo vinculado a Variety durante 18 anos e está especializado en cinema árabe contemporáneo. Participa con frecuencia como membro de xurados en festivais, modera regularmente clases maxistrais e exerceu como mentor en programas internacionais para novos críticos de cinema.
Raquel Freire Zangrandi
Raquel Freire Zangrandi é produtora executiva da revista piauí, unha publicación mensual brasileira con sede no Río de Xaneiro, dedicada á política, ás cuestións culturais e á actualidade.
Traballou como coordinadora de produción en VideoFilmes na área de documentais. Entre os documentais nos que participou como produtora atópanse Notícias de uma guerra particular, Entreatos e Santiago, de João Moreira Salles; e O fim e o princípio e Jogo de Cena, de Eduardo Coutinho.
Xurado Galicia
Daniel Ribas
Daniel Ribas é profesor, investigador e programador. É profesor auxiliar na Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa, onde coordina o Mestrado en Cinema. É director do CITAR – Centro de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía das Artes. Foi comisario de varios programas de cinema para o Curtas Vila do Conde e o Batalha Centro de Cinema. Entre 2016 e 2018 foi membro da Dirección Artística do Porto/Post/Doc, no que é, actualmente, programador da competición internacional. Doutor en Estudos Culturais polas universidades de Aveiro e Minho, escribe sobre cinema portugués, cinema contemporáneo e experimental. As súas publicacións máis recentes son Seleção Nacional – Five Constellations (2025) e Reframing Portuguese Cinema in the 21st Century (2020). É colaborador habitual de PÚBLICO e experto do Instituto do Cinema e do Audiovisual e da Comisión Europea.
Eloy Enciso Cachafeiro
Tras graduarse en dirección de cinema documental pola Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños (Cuba), dirixiu o documental Pic-nic (2007, mellor documental galego no IV Play-Doc), ao que seguiu Arraianos(2012), estreada no Festival de Cine de Locarno. Arraianos recibiu os premios á mellor película en Bos Aires (BAFICI), Perú (Transcinema) e Sevilla (Festival de Cine Europeo), e foi presentada na IX edición de Play-Doc.
En 2019 regresa co seu primeiro traballo de ficción, Longa noite, que participa nalgunhas das citas cinematográficas máis destacadas (Locarno, Toronto, New York Film Festival, Viennale, Rotterdam ou Jeonju), obtendo premios en festivais de Suíza, Arxentina, Perú, Rusia, Francia, Portugal e España.
Coa súa última película, Todo es cárcel (2026), continúa afondando nas súas principais señas de identidade como cineasta: un coidado traballo con actores naturais inspirado en textos literarios e o entrelazamento poético de realidade, ficción e Historia que o emparentan cunha corrente do cinema europeo contemporáneo representada por Straub-Huillet, Pedro Costa ou Eugène Green. Para Enciso, como para estes referentes, a verdadeira transformación non pasa por crear algo radicalmente novo, senón por redescubrir e revalorizar os principios da linguaxe que xacen esquecidos ou subvertidos no cinema establecido.
Leire Apellaniz
Leire Apellaniz desenvolveu un activo traballo como produtora e directora en numerosos proxectos cinematográficos a través das produtoras Señor & Señora e Apellaniz y de Sosa, que fundou con Ion de Sosa en 2017.
En 2016 produciu e dirixiu a súa primeira longametraxe, El último verano (2016), seleccionada en varios festivais internacionais como BAFICI ou Karlovy Vary. Desde entón produciu os títulos Mudar la piel (Ana Schulz e Cristóbal Fernández, 2018), Las letras de Jordi (Maider Fernández Iriarte, 2019), Ventajas de viajar en tren (Aritz Moreno, 2019), Espíritu sagrado (Chema García Ibarra, 2021), Canto Cósmico. Niño de Elche (Leire Apellaniz e Marc Sempere, 2021), La concha (Leire Apellaniz, 2022), Samsara (Lois Patiño, 2023), Mamántula (Ion de Sosa, 2023), Contadores (Irati Gorostidi, 2023), Una Ballena (Pablo Hernado, 2024), Balearic (Ion de Sosa, 2025) e Aro berria (Irati Gorostidi, 2025). Todos eles proxectados nalgúns dos festivais máis importantes do mundo como San Sebastián, Cannes, Locarno, BAFICI, Berlinale ou Rotterdam.
Actualmente está a finalizar a próxima longametraxe de Aritz Moreno, Karateka, e paralelamente desenvolve a súa primeira ficción en formato longo, a película Zuria. Recentemente ingresou como membro da Academia de Cine Europeo.
















