LEME DO DESTINO

Brasil, 2023
Duración: 73'
Dirección: Julio Bressane

Dirixido por Julio Bressane
Guión: Julio Bressane, Rosa Dias
Produtores: Tande Bressane, Bruno Safadi
Produtora: TB Produções
Fotografa: Pablo Baião
Montaxe: Rodrigo Lima
Son: Laura Zimmermann
Con: Simone Spoladore, Josie Antello, Debora Olivieri, João Vitor Silva

Estrea europea

(Temón do destino)

Amigas de toda a vida viven unha historia de amor. Hai nela un misterio escondido e velado, un malentendido, algo calado, secreto e ignorado que cando sae á luz acaba coa relación. Algo distante e afastado aparece ante os seus ollos nun determinado marco espazo-temporal. O canto de amor e de amantes córtase, o xardín que cultivaban queda destruído. A película busca esa corda, ese corazón inconstante, esa liña de lume que divide os afectos.

ENTRADAS