ELES NÃO USAM BLACK-TIE

Brasil, 1981
Duración: 212'
Dirección: Leon Hirszman

Produción: Leon Hirszman
Produtora: Leon Hirszman Produções, Embrafilme
Guión: Gianfrancesco Guarnieri, Leon Hirszman (baseado na peza de teatro homónima de Gianfrancesco Guarnieri)
Fotografía: Lauro Escorel Filho
Montaxe: Eduardo Escorel
Música: Adonirán Barbosa, Gianfrancesco Guarnieri.
Con: Carlos Alberto Ricelli (Tião), Bete Mendes (Maria), Fernanda Montenegro (Romana), Gianfrancesco Guarnieri (Otávio), Anselmo Vasconcelos (Jesuíno), Cristina Rodrigues, (Terezinha) Fernando Peixoto (Mafra).

Eles não usam black-tie (Eles non usan smoking) achéganos aos conflitos, as contradicións e os desexos da clase traballadora brasileira de finais dos anos 1970, durante a crise final da ditadura militar. Baseada nunha obra de teatro homónima de Gianfrancesco Guarnieri escrita en 1950, a película adopta unha narrativa realista que expón solucións antagónicas para a vida dos traballadores. Por unha banda a esperanza na acción colectiva e por outro a aposta polas solucións individuais. A trama constrúese de maneira conmovedora en torno ao conflito entre un pai unionista e o seu fillo alienado, reflectindo os efectos da loita pola supervivencia no seo dunha familia de clase traballadora. Eles não usam black-tie foi un éxito de público e crítica, e recibiu varios premios, entre os que destaca o Leon de Ouro (premio Especial do Xurado, ex-aequo) e premios FIPRESCI e OCIC en Venecia en 1981.

ENTRADAS