ABC DA GREVE

Brasil, 1979-90
Duración: 85'
Dirección: Leon Hirszman

Produción: Cláudio Khans, Ivan Novais
Produtores asociados: Irma Hirszman, Maria Hirszman, João Pedro Hirszman
Fotografía: Adrian Cooper
Montaxe: Adrian Cooper
Música: Paulinho da Viola
Narrador: Ferreira Gullar

ABC da greve (ABC da folga) foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo convertéronse en escenario dun intenso movemento folguista. Leon Hirszman, que nese momento estaba a traballar no guión de Eles não usam black-tie, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos, rexistrando algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A intensa reflexión que propoñía o documental acabou converténdose nunha especie de laboratorio de preparación para a obra de ficción que Leon filmaría a continuación Eles não usam black-tie. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira.