Canto de emigración. Evocación da película de Tony Román

Teatro Municipal de Tui | Domingo 5 de maio 21:00h

O que vas presenciar non é unha película. É a evocación dunha película. Unha película desaparecida. Canto de emigración (1935) foi un insólito filme de vangarda no que o ourensán Tony Román retratou o drama da emigración galega usando o cine ao xeito dos grandes directores da época, soviéticos os máis deles, que aspiraban a un “cine puro”. Non se conserva a película, pero si foron aparecendo vestixios que axudan a imaxinala: un feixe de fotografías publicadas na prensa de época ou conservadas pola familia do actor protagonista —Celso Madriñán—; o argumento narrado polo autor nunha revista cando a estrea; e, sobre todo, a partitura que  o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar pormenorizadamente as imaxes.

Esa é a base da que partimos para evocar Canto de emigración. Engadímoslle ilustracións e planos doutras películas emparentadas con esta (nomeadamente O carro e o home, do propio Román), e tratamos as fotografías orixinais… Sabemos que é imposible devolverlle a vida a unha película perdida. Ao que aspiramos é a suxerila, a axudar a imaxinala. Oxalá a película apareza algún día e este traballo se volva inútil. Namentres, velaquí unha evocación

Unha produción de OlloVivo. Dirección: Pepe Coira. Produción: Gaspar  Broullón. Realización: Óscar Pardo. Montaxe: Jorge Coira. Ilustracións: Xoán Arellano. Axte. dirección: Clara Coira. Axte. realización: Coral Piñeiro

Música interpretada por: Orquesta Clásica de Vigo. Arranxos e dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava. Xerencia: Manuel Martínez Torres

Coa colaboración de: Museo do Pobo Galego, Deputación de Ourense, Fundación Carlos Velo

ENTRADAS