Galicia

“O cinema podía trazar un mapa do mundo, como o cartógrafo; podía explicar historias e acontecementos históricos, como o historiógrafo; podía “excavar” no pasado de civilizacións lonxanas, como fai o arqueólogo; e podía narrar os costumes e hábitos de xentes como o etnógrafo” (Shohat, 1991)

Esta cita podería resumir as liñas temáticas e narrativas da programación galega desta edición de Play-Doc: Os cineastas convertidos en cartógrafos, explorando o barrio da Cruzada na Guarda, os montes familiares en Ourense ou un edificio do barrio coruñés das Flores tal e como abordan Xurxo Chirro, Santiago D. Risco ou Tono Mejuto. Os cineastas convertidos en arqueólogos indagando no orixinal e na copia e interrogándose sobre a reprodución e a orixinalidade como é o caso de Those that, at a distance, resemble another. As cineastas convertidas en historiadoras interrogándose sobre as misterios ocultos do espazo que habitan así como nas historias persoais que merecen ser rescatadas e traídas ao presente para interrogarnos como mulleres sobre temas ocultos, e tratar de escribir unha ‘herstory’ (a historia das mulleres), con filmes como A media voz ou Carne que reflexionan sobre o feito de ser muller. Ou a cineasta como etnógrafa, posición que toma Sabela Souto para amosar as tradicións e as xentes de Santa Baia do Monte, unha pequena aldea de Castrelo do Val en Ourense.

Ante un contexto de cambio, de dúbidas e de poucas respostas, é oportuno ter como punto de partida o individualismo para poder comprender, en parte, o momento que estamos a vivir. O cinema pode axudar e facilitar a comprender o que nos rodea. Hoxe, cómpre máis que nunca a produción dun cinema que se cuestione a un mesmo e ao seu entorno máis próximo para poder entender mellor o mundo e a posición que un toma no mesmo.

A MEDIA VOZ

Heidi Hassan, Patricia Pérez , 78', 2019, Cuba-France-Spain-Switzerland
Dirección: Heidi Hassan, Patricia Pérez
Produción: Daniel Froiz, Delphine Schmit
Guión: Heidi Hassan, Patricia Pérez
Fotografía: Heidi Hassan, Patricia Pérez
Montaxe: Heidi Hassan, Patricia Pérez, Diana Toucedo
Música: Sergio Fernández Borrás, Heidi Hassan, Patricia Pérez

Dúas cineastas e amigas da infancia enfróntanse aos desafíos do desarraigo mentras intentan reconstruír as súas vidas lonxe de Cuba. Un emocionante documental auto-etnográfico sobre a nostalxia, a amizade, as raíces e o exilio, que amosa o desasosego de toda unha xeración.

ENTRADAS

THOSE THAT, AT A DISTANCE, RESEMBLE ANOTHER

Jessica Sarah Rinland, 67', 2019, Argentina-Spain
Dirección: Jessica Sarah Rinland
Produción: Jessica Sarah Rinland, Beli Martínez
Guión: Jessica Sarah Rinland
Fotografía: Luis Arnias, Jessica Sarah Rinland
Montaxe: Jessica Sarah Rinland
Son: Philippe Ciompi

Co cairo de marfil dun elefante como protagonista, Those That, at a Distance, Resemble Another reflexiona sobre a infinita sensibilidade da conservación museolóxica e ecolóxica, convidando a pensar sobre as formas de representación, réplicas e materializacións de diversos materiais, as disciplinas e as institucións.

ENTRADAS

DOROTHÉ NA VILA

Alejandro Gándara e Olaia Tubío, 85', 2020, Spain

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas rapazas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.

ENTRADAS

DE BARRIO

Xurxo Chirro, 69', 2019, Spain
Dirección: Xurxo Chirro
Produción: Beli Martínez
Montaxe: Xurxo Chirro
Música: Celia Adrián Rodríguez

O barrio está en festas. Unha muller anciana xa non pode falar. As súas lembranzas reviven. O barrio esvaécese.

ENTRADAS

CARNE

Camila Kater, 12', 2020, Spain
Dirección: Camila Kater
Produción: Chelo Loureiro, Livia Pérez
Guión: Camila Kater, Ana Julia Carvalheiro
Montaxe: Samuel Mariani
Música: Sofia Oriana Infante, Julia Teles

Crúa, pouco feita, ao momento, feita e moi feita. A través de relatos íntimos e persoais, cinco mulleres comparten as súas experiencias en relación co corpo, desde a infancia ata a terceira idade.

ENTRADAS

SANTA BAIA DE MONTES

Sabela Souto, 16', 2020, Spain
Dirección: Sabela Souto
Produción: Casadocomercio
Guón: Heidi Hassan, Patricia Pérez
Fotografía: Sabela Souto
Edición: Sabela Souto Anabel García
Son: Xabier Fernández

Santa Baia de Montes é unha aldea do concello de Cualedro, na provincia de Ourense. Os veciños e veciñas están fartas de recibir a visita  de medios de comunicación que só queren información sobre os incendios que se repiten ano tras ano. Desta vez non foi así.

ENTRADAS

A MIÑA TERRA

Santiago D. Risco, 27', 2020, Spain

O director deste filme e a súa familia reciben como herdanza uns terreos que nin sequera saben onde están, pois son absurdamente pequenos e atópanse espallados no medio do monte.

Xunto ao seu pai, procura localizalos e tratar de agrupalos cos do seu tío Lalo, para ver se así alcanzan algún valor. Con todo, a tarefa resulta ser máis complicada do esperado, e aos poucos tamén empeza a perder o seu sentido orixinal.

As liñas marcadas nos mapas desvanécense ao buscar as divisións do terreo, e o que en realidade revélase son as cicatrices dunha forma de vida e unha sociedade a piques de desaparecer.

A herdanza deixa de ter a súa razón de ser. Podería ser unha última oportunidade de cambio, pero é simplenete o último rastro antes do esquecemento.

ENTRADAS

NOTAS SOBRE A HABITABILIDADE DA BARCA

Cinema Semente, 16', 2020, Spain
Dirección: Cinema Semente
Produción: Paloma Hernández
Fotografía: Pablo Paloma
Montaxe: Pablo Paloma
Son: Andrés Fernández-Albalat

As imaxes foron filmadas durante uns días nos arredores da Barca, un pobo abandonado ao sur de Galicia. A través do acto cinematográfico o filme mostra a nosa forma de habitar un espazo no medio rural galego.

ENTRADAS

UNIDADE VECIÑAL

Tono Mejuto, 7', 2019, Spain

Relato sobre a vida nun edificio de vivenda social. Percorremos o bloque de apartamentos do Barrio das Flores da Coruña, promovido pola Obra Sindical do Hogar nos anos 60. Un proxecto polo que o arquitecto  J.A. Corrales, recibe o premio nacional de arquitectura no 2001.

Filmado en 16mm, o filme transita consecutivamente todas as estancias e salóns dun grupo de vivendas, comezando polos espazos residuais do edificio ata chegar á súa cuberta, mentres anoitece coa cidade ao fondo.

ENTRADAS