LAS POETAS VISITAN A JUANA BIGNOZZI
Producido por: Ingrid Pokropek
Produtora: El Pampero Cine – Mercedes Halfon
Fotografía: Inés Duacastella, Agustín Mendilaharzu
Montaxe: Miguel de Zuviría, Alejo Moguillansky
Grabación de son: Valeria Fernández, Marcos Canosa
Deseño de son: Marcos Canosa
Con: Martin Rodríguez, Marcelina Jarma, Martín Gambarotta, Graciela Goldchluk, Ana Porrúa
Unha poeta morre. Outra, máis nova, recibe como herdanza o mandato de facer coñecer a súa obra. A esa tarefa súmase un equipo de mulleres de cinema. Ese estraño triángulo pon en marcha este filme que, curiosamente, non adopta a forma dunha investigación senón dun armazón aínda máis complexo e sutil. Previsiblemente, xorden preguntas, pero tamén revelacións, momentos case secretos de beleza e de lucidez, e unha persistente incerteza que acaba por volverse un obxectivo. A través desas estratexias laterais, Juana Bignozzi acaba por aparecer no filme en todo o seu esplendor, invencible e vital: o filme triunfa.
NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA
Producido por: Macarena López, Alba Gaviraghi
Produtora: Manufactura de Películas
Fotografía: Ignacio Agüero, Matías Illanes, Gabriel Díaz
Montaxe: Sophie Franca
Grabación de son: Carlo Sánchez, Felipe Zavala, Claudio Vargas
Deseño de son: Carlo Sánchez
A película é a relación dun cineasta coa esquina do seu barrio, onde un novo edificio transforma a vida da veciñanza e ademais interrompe a vista que el tiña desde a súa casa do cerro Provincia e da cordilleira de os Andes. Esta situación a conta en cartas manuscritas a unha nova cineasta que un día foi a deixarlle a súa primeira película.
SUZANNE DAVEAU
Producido por: João Matos, Leonor Noivo, Luísa Homen, Pedro Pinho, Susana Nobre, Tiago Hespanha
Produtora: Terratreme Filmes
Fotografía: Luísa Homen
Fotografías: Suzanne Daveau, Orlando Ribeiro
Montaxe: Luísa Homen, Luis Miguel Correia
Son: Luísa Homen, Giorgo Gristina, Mónica Baptista, Avelino Santolalla
“Non hai ciencia, nin progreso no coñecemento, sen amor, sen paixón, sen identificación, mesmo cando se trata dun tema aparentemente desprovisto de vida, como a evolución dunha vertente ou a orixe dun chuvieiro. Pódese quizais, aplicar unha técnica rutinariamente e con pura obxectividade, pero certamente non se pode descubrir algo novo sen que o investigador se implíque por completo no tema que tenta dilucidar”. SUZANNE DAVEAU traza o esbozo dunha muller aventureira que atravesa o s.XX, até hoxe en día, guiada pola súa paixón pola investigación xeográfica. A película transita entre os numerosos espazos-mundo percorridos pola xeografía e os espazos-casa reservados que acollen a súa vida privada.
VICTORIA
Producido por Caviar
Fotografía: Isabelle Tollenaere
Grabación de son: Liesbeth De Ceulaer
Deseño de son: Kwinten Van Laethem
Co apoio de The Flanders Audiovisual Fund (VAF), Belgian Tax Shelter for film financing Canvas
No deserto de Mojave ao sur de California atópase a cidade inacabada de California City. Ideada 60 anos atrás, orixinalmente a cidade pretendía ser unha reprodución de Los Angeles en tamaño e poboación, pero nunca chegou a terminarse. No centro de Vitoria está Lashay T. Warren, que deixou atrás o seu turbulento pasado en Los Angeles para comezar unha vida nova dentro desta rede de miles de rúas derruidas. Vitoria evoca un deambular no que elementos reais e imaxinarios entrelázanse, e no que Lashay T. Warren, coma se dun pioneiro contemporáneo tratásese, escribe o seu propio camiño e deixa unha pegada tras de si.