Contacto

Xa pasou case un ano dende que estiven en Play-Doc. Recórdoo moi ben e con moitísimo agarimo. Probablemente se teña convertido nun festival de importancia debido á estupenda selección de películas, pero o que me namorou do festival foi que, ao meu parecer, Play-Doc é un punto de encontro da comunidade cinematográfica máis interesante de Galicia.

É un espazo único, un faladoiro para a cinematografía local que non vira nunca antes nun festival. Durante a miña estancia estiven comendo os polbos máis exquisitos rodeado de mozos cineastas da Nouvelle Vigo. Nun mundo no que a xente se comunica por teléfonos e computadoras, no que os grupos artísticos son cada día máis escasos e no que os eventos culturais son cada vez máis impersoais, Play-Doc é un respiro, un modelo a seguir para outros festivais no mundo.

Play-Doc é un festival feito como as películas que proxectan. Para os cineastas que traballan fóra da industria, este tipo de espazos son esenciais. O festival dá tempo e espazo para reflexionar sobre as películas, para coñecer os convidados, para falar, para comer ben. Precísanse máis espazos como Play-Doc no mundo.

Mil gracias Sara e Ángel. Deséxolles o mellor para esta nova edición.

Nicolás Pereda