Contacto

Cinema Galego

A VIAXE DE LESLIE

Marcos Nine | 75' | 2014 | España

Director, Editor: Marcos Nine
Guión: Marcos Nine, Daniela Arias, Pepe Coira
Produtor: Alfonso Blanco
Fotografía: Jaime Pérez
Voz off: Lucía Aldao

En xuño de 1943 un escuadrón de JU-88 alemáns derriban un avión comercial fronte á costa de Cedeira. Non hai superviventes. Entre os pasaxeiros aparece un nome ilustre, Leslie Howard. Era xudeu, era un propagandista antinazi, era un galán da industria de Hollywood. A miúdo, a historia escríbese con fragmentos do que xa foi esquecido. Este é o relato da historia que puido ser, ou quizáis non, a travesía da derradeira viaxe de Leslie Howard.

Contacto: portocabo@portocabo.com

ANIMA URBIS

Xisela Franco | 65' | 2014 | Canadá-España

Un filme de: Xisela Franco
Filmado e editado por: Xisela Franco

Anima Urbis é unha exploración da vida cotiá nunha cidade posmoderna a través da ollada crítica dunha española en Toronto. Nos seus paseos a modo de flâneur, convídanos a deambular pola cidade de Toronto e os seus espazos públicos, pero tamén nos leva ao seu proceso creativo despregado no seu apartamento, onde está frustrada co proceso de montaxe da película que o espectador está vendo.

Contacto: xiselafranco@hotmail.com

JET LAG

Eloy Domínguez Serén | 55' | 2014 | España

Director, editor: Eloy Domínguez Serén
Produtora: Beli Martínez
Reparto: Diego Castiñeira

Diego traballa na quenda de noite dunha gasolineira illada, na fronteira entre Galicia e Portugal. A súa labor é solitaria, silenciosa, monótona, insomne. Unha noite, a aparición de dous visitantes inesperados altera a rutina deste lugar.

Contacto: eloydseren@gmail.com  beligrosa@gmail.com

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICO

Miguel Mariño | 29' | 2015 | España

Guión, dirección, montaxe, narración: Miguel Mariño
Son: Pablo Ramos e Rubén Bermúdez
Etalonaxe e postprodución: Juan Lesta (Esferobite)
Imaxe: A. Álvarez Esteves e Miguel Mariño

A finais de 2012 recibo tres latas de película de 16mm. A soas, aventúrome co meu pro-xector cara a travesía do primeiro visionado.

Percorrín unha e mil veces aquel mundo, explorando a infinidade de posibilidades que me ofrecía. Pero fose cal fose a senda escollida, sempre chegaba ao mesmo lugar. Unhas imaxes que para min representan ao mesmo tempo o fin e o inicio dunha viaxe.

(Miguel Mariño)

Contacto: miguelmarino.info@gmail.com

SOL MIHI SEMPER LUCET | O sol sempre brilla sobre min

Álvaro Fernández-Pulpeiro | 29' | 2014 | Reino Unido-España

Director, guión, fotografía: Álvaro Fernández-Pulpeiro
Produtores: Álvaro Fernández-Pulpeiro, Martín Amezaga, Hugo Fernández Balseiro
Son, montaxe: Martín Amezaga
Música: Richard Strauss

Que paraxe descansa nas profundidades do corazón do home? Un territorio onde durme a memoria entre soños, beleza e dor. Usando unha sonoridade lírica, este documental busca revelar os efémeros destelos dun mundo que se ilumina ao deixar que os relatos de emocións expresivas ligadas a memorias íntimas reverberen dentro de colosais imaxes do territorio texano mergulladas na máxica e delicada luz da Aurora e o Crepúsculo.

Contacto: afpulpeiro@gmail.com

ON N'A PAS FAIT L'AMOUR | NON FIXEMOS O AMOR

Hugo Moser | 7' | 2014 | Bélxica-España

Dirixida e montada por: Hugo Amoedo & Francisco Moser
Produción: Papier Machine & Hugo Moser
Son, imaxe: Hugo Amoedo

Sonsoles dixo que viña dunha illa. Da illa de San Simón.

Contacto: hugoamoedocanal@gmail.com

SER E VOLTAR

Xacio Baño | 14' | 2014 | España

Un filme de: Xacio Baño
Asistente de produción: María Zaragoza
Cámara en coche: Lucía C. Pan
Posprodución de son: Xoán Escudero
Son adicional: Amaro Rúa

Un novo (?) cineasta pasa un fin de semana na casa dos seus avós para facerlles un vídeo retrato. Diso vai o cine, non si?

Contacto: info@rebordelos.com

MESA REDONDA CINEMA GALEGO
“NOT FOR SCREENING PURPOSES”

Hai eóns que o cinema deixou de verse só nas salas. Outra cousa é para que espazo estea concibido. Os amantes do cinema de vangarda adoitan transitar polo cinema expandido, executado en directo e habitualmente adaptado a lugares antano reservados á arte contemporánea, como museos ou galerías. Hoxe esa barreira rachou, e hai boas mostras en Galicia dilo, coma o é a obra de Miguel Mariño, un dos nosos cineastas performer máis ilustres. Para el, dende logo que o cinema non consiste en sentar e mirar.

María Yáñez diría que o cinema pode construírse á medida de cada un. A súa linguaxe preferida é a da interface, algo que ofrece novos horizontes conxugado cos códigos cinematográficos. O documental web é xa práctica habitual en Estados Unidos, con festivais como South by Southwest dedicándolle mesmo ciclos cada ano. Lech Kowalski ensinounos xa as súas posibilidades en 2011 co seu traballo en Camera War. E o que temos avanzado! En España seguimos achegándonos a estes métodos con timidez. Yáñez, coñecedora da linguaxe, con sorte contaxiará a algunha o seu entusiasmo por un formato que está por inventar, que case non empezou nin a andar.

Ademais, o cinema e as súas posibilidades metalingüísticas. As últimos curtos de Hugo Moser (cineasta bicéfalo formado por Hugo Amoedo e Francisco Moser) pódense consultar sé en internet, e dialogan directamente cunha revista de arte, Papier Machine, dentro dun proxecto artístico máis amplo.

Ningunha destas propostas se concibiu para ser proxectada nunha sala tradicional. Como pode afectar iso á forma de facer cinema? Fílmase de maneira distinta para cada espazo, cambia a linguaxe? Pero sobre todo, que novos horizontes abren estas prácticas? Seguramente non saquemos conclusións do debate, pero se logramos facernos algunha nova pregunta, terá merecido a pena volver xuntarnos un ano máis. E o cinema galego seguirá a expandirse, en todas as direccións.

DOMINGO 26 – 17:30 horas
Modera: Iván Villarmea
Participan: Hugo Amoedo, Miguel Mariño, Francisco Moser, María Yáñez
Pecha o debate a curta de Hugo Moser On n'a pas fait l'amour