SALVAXE, SALVAXE

España, 2024
Duración: 86'
Dirección: Emilio Fonseca Martín

Dirección: Emilio Fonseca Martín
Produción: Xiana do Teixeiro
Guión: Emilio Fonseca Martín, Xiana do Teixeiro
Fotografía: Emilio Fonseca
Montaxe: Emilio Fonseca
Son: Xoán-Xil López
Música: Ángel Faraldo

«Cheiras eso?» A cámara penétrase nos montes de Galicia e do norte de Portugal entre susurros. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

ENTRADAS