Duración: 23'
Dirección: David Gladwell
Productora: British Film Institute Experimental Film Fund
A capacidade de David Gladwell para capturar os aspectos idílicos e ao mesmo tempo inquietantes da vida no campo son tremendamente efectivos nesta adaptación cinematográfica do poema de Martin Armstrong sobre unha anciá perturbada por algo que non podemos ver. Faise evidente que busca o seu pasado, perdido nun recordo ou atrapado pola nostalxia. A viaxe da señorita Thompson á cidade para ir de compras, contrasta caóticamente coa natureza tranquila do seu solitario fogar, que ao seu regreso semella un paraíso.