Duración: 104'
Dirección: William Friedkin
Produción: Philip D'Antoni
Produtora: 20th Century Fox
Guión: Ernest Tidyman (baseado na novela de Robin Moore)
Fotografía: Owen Roizman
Montaxe: Gerald B. Greenberg
Música: Don Ellis
Elenco: Gene Hackman (Jimmy "Popeye" Doyle), Roy Scheider (Buddy "Cloudy" Russo), Fernando Rey (Alain Charnier), Tony O Bianco (Salvatore "Sae" Boca), Marcel Bozzuffi (Pierre Nicoli), Frédéric de Pasquale (Henri Devereaux), Bill Hickman (Mulderig), Ann Rebbot (Marie Charnier), Harold Gary (Weinstock), Arlene Farber (Angie Boca)
The French Connection (Contra o imperio da droga) é un clásico do cinema policial, baseado en feitos reais, que segue a frenética persecución de dous detectives de Nova York, interpretados por Gene Hackman e Roy Scheider, contra unha rede de narcotraficantes franceses que levan heroína cara a Estados Unidos. Cunha dirección maxistral, unha atmosfera de tensión palpable e unha inesquecible escena de persecución automobilística a través das rúas de Nova York, The French Connection vén cativando ao público desde o seu lanzamento en 1971. De oito nomeamentos, o filme gañou cinco premios Oscar, (Mellor Película, Mellor Director, Mellor Actor, Mellor Montaxe e Mellor Guión Adaptado). Hoxe en día continúa sendo unha referencia no xénero do thriller policial.