FILM ANNONCE DU FILM QUI N’EXISTERA JAMAIS: “DRÔLES DE GUERRES”

Francia, 2023
Duración: 20'
Dirección: Jean-Luc Godard

Escrito por Nicole Brenez, Fabrice Aragno e Jean-Paul Battaggia
Produción: Anthony Vaccarello, Gary Farkas, Olivier Muller, Clément Lepoutre
Fotografía e Montaxe: Fabrice Aragno

(Tráiler da película que non existirá xamais: “Guerras de broma”)

Tras a morte de Jean-Luc Godard en setembro de 2022, o seu colaborador de toda a vida, Fabrice Aragno, comezou a montar unha película que nunca existirá: a última película de Godard. Trátase dunha conmovedora colaxe de fotografías e as últimas notas manuscritas polo cineasta: “Rexeitar os miles de millóns de ditados alfabéticos para liberar as incesantes metamorfoses e metáforas dunha linguaxe necesaria e verdadeira, volvendo ás localizacións de rodaxes pasadas, sen perder de vista os tempos modernos.”

ENTRADAS