Duración: 100'
Dirección: Jerome Hiler
Elenco: Jerome Hiler
Produtor: Haden Guest
Montaxe: John Robert Quackenbush
Consultores Técnicos: John Koczera, John Merrill
(Cinema antes do 1300)
Fai máis de oitocentos anos, unha confluencia de apoxeos tecnolóxicos, filosóficos e económicos converxeron para crear a forma máis avanzada de medios de comunicación de masas que o mundo coñecera: as vidreiras. Construídas a gran escala en Francia, España, Inglaterra e Alemaña, as grandes catedrais foron deseñadas para exhibir xanelas xigantes que contaban historias a través da luz, a cor e as formas. Todos os días, miles de espectadores acudían a elas para marabillarse coas gloriosas cores e escoitar as historias que se revelaban grazas á luz. Os visitantes modernos probablemente non sospeitarían cantas actividades tiveron lugar nestas catedrais na época medieval. Eran verdadeiros centros comunitarios, e os membros da comunidade tiñan dereito a estar alí, xa que todos participaran en gran medida na construción dos edificios. Esta película analiza os primeiros cen anos do magnífico nacemento e culminación das vidreiras. Foi durante este fortuíto período de tempo cando se dedicou o maior coidado, esforzo e investimento na nova arte. -Jerome Hiler