As armas e o povo

Portugal, 1975
Duración: 81'
Dirección: Colectivo dous Trabalhadores da Actividade Cinematográfica

Colaboran: Acácio de Almeida, José de Sá Caetano, José Fonseca e Costa, Eduardo Geada, António Escudeiro, Mário Cabrita Gil, Fernando Lopes, António de Macedo, João Moedas Miguel, Glauber Rocha, Elso Roque, Henrique Espírito Santo, Artur Semedo, Fernando Matos Silva, João Matos Silva, Manuel Costa e Silva, Luís Galvão Teles, António da Cunha Telles
Montaje: Monique Rutler
Producción: Sindicato dos Trabalhadores da Produção de Cinema e Televisão/Instituto Português de Cinema

As armas e o povo é a película máis soada da Revolución Portuguesa. Filmada entre o 25 de abril e o 1 de maio de 1974, combina as manifestacións multitudinarias cos discursos de Mário Soares e Álvaro Cunhal, a liberación dos presos políticos e as entrevistas de rúa realizadas polo cineasta brasileiro Glauber Rocha. Dirixida polo Colectivo de Traballadores da Actividade Cinematográfica, este filme supón un documento histórico de valor incalculable, realizado en quente e sobre a marcha por varios técnicos e cineastas portugueses. Obra ineludible do cinema militante europeo As armas e o povo é tamén un manifesto sobre a relación entre cinema e política, non só como mero difusor dos acontecementos, senón, principalmente, como participante activo do acto revolucionario.

Este DCP é o resultado da dixitalización 4K do negativo de cámara orixinal de 35 mm conservado por Cinemateca. A corrección de cor realizouse utilizando como referencia unha copia da época. O son foi dixitalizado a partir da banda óptica dunha copia da época conservada pola Cinemateca Portuguesa.

ENTRADAS