AN UNTITLED FILM

Reino Unido, 1964
Duración: 9'
Dirección: David Gladwell

Produtora: British Film Institute Experimental Film Fund
Fotografa: Peter Jessop, Gavrik Losey
Montaxe: David Gladwell
Son: Ernest Berk

Filmado a cámara lenta, esta curtametraxe experimental mostra unha serie de escenas pastorais nunha granxa británica. A edición das imaxes produce unha sensación de violencia que contrasta coa súa gran beleza visual. An Untitled Film (Un filme sen título) é unha extraordinaria obra de arte cinematográfica que explora o poder, a beleza e a violencia contidas nun mesmo momento no tempo.