Duración: 85'
Dirección: Leon Hirszman
Produtora: Meta Produções Cinematográficas Ltda
Produción: J. P. Carvalho, Joffre Rodrigues, Aluisio Leite Garcia
Guión: Leon Hirszman, Eduardo Coutinho
Fotografía: José Medeiros
Montaxe: Nello Melli
Música: Radamés Gnatalli, Nelson Cavaquinho, Amâncio Cardozo
Elenco: Fernanda Montenegro, Ivan Candido, Nelson Xavier, Paulo Gracindo, Dinorah Brillante, Joel Barcelos, Hugo Carvana, Virginia Valli, Vanda Lacerda.
Baseada na peza de teatro homónima de Nelson Rodrigues, A falecida é a historia dunha alienación. Zulmira desexa morrer e soña cun funeral de luxo que a redimirá dunha vida baleira e miserable. Coa interpretación notable de Fernanda Montenegro no seu primeiro papel cinematográfico, e con guión de Leon Hirszam e Eduardo Coutinho, a película expón a apatía, o estancamento e a degradación das clases medias dos suburbios cariocas. «Fixeime en A falecida, unha peza que trataba sobre a alienación dunha muller cuxo marido está desempregado. Ela pasa a vivir unha realidade interior, obsesionada pola morte, pola autodestrución, para vingarse dunha sociedade que a oprime. Non se trataba tan só dunha aberración, senón dun discurso máis amplo. A historia combinaba unha dimensión psicoanalítica, persoal, e unha dimensión social. A traxedia da autodestrución dunha muller por mor da súa represión sexual conmovíame. En A falecida atopei a convivencia co suburbio, o desemprego, a alienación, a presenza do fútbol, valores que me eran moi próximos. Por iso namoreime dela e quixen filmala» Leon Hirszman
Agradecemos a colaboración dos herdeiros de Joffre Rodrigues