Utilizando imaxes de internet relacionadas coa vertedura de petróleo que tivo lugar no Golfo de México no 2010, Lech Kowalski deconstruye o clásico de Robert Flaherty Louisiana Story (orixinalmente encargado pola Standard Oil, agora BP). Segundo o seu director «é máis como un grafiti, algo así como escribir sobre unha película e esnaquizala no contexto histórico».