|
|
Play-Doc é un festival independente cuxos principais obxectivos son dar a coñecer un xénero esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Play-Doc tamén aposta pola creación e a experimentación apoiando aos novos talentos, a través de novas vías de produción e formación orientadas ao desenvolvemento de proxectos.
Se desexas colaborar con Play-Doc de maneira activa, podes facelo a través dunha achega económica. Desta forma contribuirás directamente ao seu sostemento e axudarasnos a seguir adiante con esta iniciativa.
A achega mínima é de 10€, como recoñecemento recibirás unha insignia de ‘play-doc supporter’ que poderás recoller na nosa caseta de información durante os días do festival. Con achegas de 60€ e superiores poderás solicitar ademais unha acreditación especial que che permitirá entrar a todas as proxeccións así como aos concertos de maneira gratuíta.
DESEXO COLABORAR CON PLAY-DOC CUNHA ACHEGA DE:
|
|
Moitísimas grazas pola túa colaboración ! |
|
|
|
|