Play-Doc en Tui.
Pequena vila fronteiriza. Cada día, cada noite, preguntábame de onde saían todas aquelas persoas que enchían as salas deste festival.
Aqueles días de encontro cun público totalmente descoñecido foron extraordinarios.
Coñecín a críticos moi esixentes, cando non duros, ao tanto de todas as novidades do mundo, verdadeiros amantes da singularidade no cinema… Comemos todos xuntos, falamos e descubrimos outras vidas, outras cinefilias… E a fermosa arquitectura baixo a choiva.
Quedei conmovida a noite que pasaron o meu documental La Gare du Nord de Paris. O público sorría tras a proxección, a pesar da dureza das vidas das persoas que se cruzaban no filme, comprenderon que aquel lugar se asemellaba a un foro, a unha utopía. Lembráronme a razón do meu desexo por facer esa película.
Claire Simon