Abril 15, 2025

Encontro profesional sobre políticas audiovisuais públicas

Play-Doc te invita a participar en un encuentro profesional sobre políticas audiovisuales públicas

Actividade dirixida a profesionais do sector en Galicia.

Como parte do seu compromiso co desenvolvemento do sector, o Festival Internacional de Cinema Play-Doc contará cun encontro profesional sobre políticas audiovisuais públicas, dirixido a cineastas, produtoras e responsables de festivais e que terá lugar o sábado 10 de maio ás 11:30 h en Tui, no marco da 21ª edición do festival

Coordinada polo Grupo CP2 da Universidade de Vigo, esta sesión ten como obxectivo reforzar os vínculos entre institucións e profesionais do ámbito audiovisual para construír un ecosistema máis sólido, diverso e sustentable.

O encontro contará coa participación de representantes dos principais organismos de apoio á produción e difusión audiovisual —AGADICICAA e MEDIA—, que presentarán as súas principais liñas de financiamento e explicarán os obxectivos estratéxicos das súas políticas no ámbito galego, estatal e europeo. A seguir, abrirase un espazo de diálogo co público para compartir dúbidas, experiencias e reflexións sobre os retos e oportunidades actuais do sector.

A actividade é gratuíta, con inscrición previa mediante o envío dun correo electrónico aquí (jesus.silva@play-doc.com), indicando nome e perfil profesional.

*Actividade coordinada polo grupo CP2, Comunicación Persuasiva, da Universidade de Vigo e financiada pola Xunta de Galicia como grupo de potencial crecemento.