Play-Doc Festival Internacional de Documentais pechou xa o seu plazo para presentar obras. Responderon a esta chamada máis de 500 cineastas de 85 países de todo o mundo, especialmente de Europa e América en grandes números, e en menor medida propostas de Asia, África e Oceanía. Play-Doc caracterízase por contar en cada edición cunha sección competitiva diversa, que integra títulos de varias procedencias e estilos, sempre no ámbito do documental de autor máis vangardista e arriscado.
Amais de contar cunha coidada selección de títulos de cada tempada, o certame é coñecido por traer a España a grandes lendas do xénero documental, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Marcel Lozinski, Claire Simon ou Ross McElwee, que foron os protagonistas de anteriores edicións.
Para 2016, o festival xa ten confirmada a súa retrospectiva, que anunciará en breve. Trátase dun cineasta de prestixio, que contará amais cunha publicación editada polo festival; a primeira monografía que se lle dedica – mesmo en inglés – a un artista que leva acumulando eloxios de importantes críticos e colegas realizadores dende finais dos 70.
O resto de títulos que se integrarán nas diferentes categorías que conformarán a selección do festival para a súa edición de 2016 iranse dando a coñecer nos próximos meses.
Xaneiro 20, 2016
Play-Doc prepara xa a súa selección logo de recibir máis de 500 obras de 85 países
