Febreiro 12, 2025

Play-Doc abre a convocatoria da súa 21ª edición

As inscricións permanecerán abertas ata o próximo 7 de abril.

A vixésimo primeira edición de Play-Doc, festival internacional de cinema celebrarase en Tui, Galicia, España, do 7 ao 11 de maio de 2025.

A convocatoria está dirixida a películas de todas as duracións e temáticas, tanto de ficción como de non ficción, de calquera nacionalidade. Todas as películas seleccionadas para as seccións a competición serán candidatas a un premio en metálico que outorgará un xurado de prestixio internacional.

Cada ano, Play-Doc presenta unha selección de programas competitivos e non competitivos, así como retrospectivas de realizadores mundialmente aclamados e tamén de directores de culto e independentes cuxa obra permaneceu perdida, esquecida ou é amplamente descoñecida.

Ademais, Play-Doc é unha importante plataforma de promoción para o cinema independente contemporáneo, con especial interese polo cinema galego, e un espazo de encontro e intercambio ideal entre profesionais do sector.

A programación do festival complétase con diversos ciclos e unha ampla oferta de actividades como obradoiros, clases maxistrais, encontros, seminarios, sesións de cinema expandido, concertos de música en directo e exposicións.

Envíanos o teu filme!